Skip to main content

radio

ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral,

están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo

ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas

e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha

compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha

máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse...

o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas.

Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar,

pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.

 

 

 

 

 

RAP A ROSALÍA, NA RADIO DO IES CON PAULO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro

da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos.

Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados

do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía.

Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas,

pois tamén foi un novo achegamento a un espazo,

no que en breves estará este alumnado.

Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO - BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Un grupo de alumnado do sexto de primaría realizará

un obradoiro de radio na Radio Escolar da Biblioteca do

Ies Punta Candieira, con Paulo Vicente, outro dos

voluntarios da nosa Biblioteca Humana e profesor do Ies.

 

 

 

 

 

 

ÉTIMOS DE AVES E PAXAROS - RADIO EXPERIMENTAL - RADIO VOZ #Radionabiblio #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A nosa biblioteca foi seleccionada para recibir a visita de Radio Voz.

O alumnado de sexto recibe unha pequena charla formativa e posteriormente,

gravamos un programa de Étimos de aves e paxaros.

Programa enmarcado no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" e emitido o

9 de marzo, Día do Naturalismo Galego, Día de Martín Sarmiento!

Quixemos alzar a nosa voz para facer valer a nosa lingua, a que falamos

a diario, a das nosas avoas e avós e por suposto aprender moito das aves

e paxariños, moitos deles que viven moitas aventuras nas súas migracións.

Agora ides escoitar o producto final, pero este tipo de actividades conlevan

un traballo laborioso.

 

Primeiro deseñouse en enviouse ás familias e coñecidos

unha pequena folla de recollida de información, dos étimos de nove aves e

da cultura popular referida a elas. O alumnado de sexto de primaria recolleu

as entrevistas e fixo un cadro centralizando as aportacións que se fixeron de

cada paxariño.

Posteriormente, buscaron información sobre a apariencia, canto, costumes de

cada un deles e a rexistraron. Con todos eses datos elabórase unha escaleta ao

que se adobía con poesías, recitados, ditos, refráns sobre estas aves e tendo moi

presente que estamos próximos á data de Rosalía de Castro e queremos adicarlle

a súa Alborada. Todos os niveis do centro saen representados neste adobío, que xunto

coas gravacións sobre étimos e características destes paxariños fan o programa

de radio que agora ides escoitar.  Será emitido por Radio Voz Ferrol, na frecuencia 105.4


 

Orgullo de cativada! Feliz Día do Naturalismo Galego! Parabéns Martín Sarmiento!


 

 Engadimos a escaleta e a bibliografía, por se é de interese.


MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 2 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aquí temos o segundo podcast para homenaxear a Rosalía de Castro,

desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!

 

 

Día Mundial da Radio: entrevista a Antía Yáñez.

Celebramos o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) cunha entrevista á escritora Antía Yáñez, autora do libro "Plan de rescate" gañador do premio "Agustín Fernández Paz" pola igualdade, do cal adquirimos 20 exemplares para a nosa Biblioteca Escolar.  O equipo de dinamización da Lingua Galega en coordinación co resto de equipos, ideou esta fantástica actividade que non vos podedes perder! Queremos agradecer a Antía Yáñez a súa amabilidade e dispoñibilidade , e a nosa veciña Guadi Galego por ofrecernos sempre as súas fermosas cancións para as nosas publicacións.

 

 

O PREGOEIRO DA VILA - RADIO EXPERIMENTAL #bescolaresgalabertas

O Pregoeiro da Vila, un programa informativo, realizado pola rapazada de 1º de Primaria.

Non vos perdades todas as súas noticias, pois neste mes hai moito do que falar!

 

 

 Uns pequenos intermedios de anuncios publicitarios aderezan a sesión e seguro que son ben agradecidos.

Pois nenas e nenos son conscientes dos cambios que estamos vivindo e saben a quen teñen que acompañar.

Aínda que só sexan con verbas e cancións.

 

 

 

Un traballo para informar e mellorar a expresión oral, porque aínda que están aprendendo a ler;

a entoación, as pausas, o volume, a pronuncia... é algo que tamén teñen que aprender

e a radio é un recurso completo para a lectoescritura.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS

Dende o Ceip Nicolás del Río, queremos celebrar o día Europeo das Linguas, resaltando a riqueza lingüística e cultural presente na nosa comunidade educativa. Porque todas as linguas contan.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

 SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

O próximo domingo, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas.

Réndese homenaxe ao escritor Ricardo Carvalho Calero.

O alumnado de 2ºB preparou un programa de radio para recordar a este autor ferrolán.

Realizaron un traballo estupendo desde as súas casas e coa colaboración das súas familias e mestras.

Parabéns!

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

Podcast Día da Muller 8 M

Desta volta cinco rapazas dos Vagalumes empodéranse e

realizan un podcast para explicarnos porque celebramos o 8 de marzo.

Comentan accións e actitudes para conseguir a igualdade.

Aínda queda moito por facer, pero aquí vai a súa aportación!

Marina como moderadora da entrevista, Noa, Sara, Elena e Marta entrevistadas.

Dende as Bibliotecas Escolares colaboramos co Concello de Cedeira no préstamo de fondos relacionados con esta temática.

Noticia Concello

 Por todas!

Mulleres na ciencia. Material para traballar na aula.

 

VIOLENCIA DE XÉNERO - "OS NENOS MOVEMOS O MUNDO

O NOSO ALUMNADO DE "OS NENOS MOVEMOS O MUNDO" VOLVE SORPRENDERNOS CUN PODCAST SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO.

EDUCAR POLA IGUALDADE É UNHA LABOR QUE INCUMBE A TODA A COMUNIDADE.

PARABÉNS RAPAZADA!

 

 

OS NENOS MOVEMOS O MUNDO

NO PRIMEIRO TRIMESTRE E CO OBXECTIVO DE AXUDAR AO MEDIO AMBIENTE, UN GRUPO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA FORMA UN EQUIPO DE TRABALLO QUE TEN COMO CENTRO NEURÁLXICO A BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

TEÑEN MOREAS DE IDEAS E GANAS DE FACER COUSAS E MENOS TEMPO DO QUE REALMENTE NECESITAN PARA PODER SACALAS TODAS ADIANTE.

ESTA É A SÚA PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN RADIO EXPERIMENTAL.

UN AGASALLO PARA TODOS NESTES TEMPOS DE FESTAS EN FAMILIA. ASÍ VIVEN EMMA, MARA, ADRIÁN E LUNA O SEU NADAL.

PARABÉNS AO NOSO TÉCNICO DE SONIDO, ÓSCAR!

RADIO ENTREVISTA Á ASOC. ARCE

OS VAGALUMES CONTINÚAN DOCUMENTÁNDOSE EN PROL DO MEDIO AMBIENTE.

NESTA OCASIÓN CONVIDAN A BELÉN, MEMBRO DA ASOCIACIÓN ARCE, PARA O COIDADO DO RÍO CONDOMIÑAS E DO MEDIO AMBIENTE.

PARTICIPAN NA ENTREVISTA UNAI E JOSÉ ANTONIO, DOS VAGALUMES, QUE REALIZARON A ESCALETA DE PREGUNTAS.

AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE MIGUEL E ANXO COMO TÉCNICOS DE SON.

TERTULIAS DO NICOLÁS. O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

HOXE INICIAMOS AS "TERTULIAS DO NICOLÁS".

 

REPRESENTANTES DE DIFERENTES GRUPOS ACUDIRON Á RADIO ESCOLAR.

 

 

FALARON DO QUE ACONTECEU ESTES DÍAS NA NOSA BIBLIOTECA.

 

CONTARON O QUE FIXERON ANTE TREMENDA SITUACIÓN.

 

E EXPLICARON AS CONSECUENCIAS QUE TEÑEN AS NOSAS ACCIÓNS NO MEDIO AMBIENTE,

NO FUTURO DO PLANETA.

XA VOS IREMOS CONTANDO. 

 

RADIO ONDA DISCALZA, PARABÉNS!

Parabéns á emisora de radio "A Onda Discalza", da Biblioteca Escolar Punta Candieira, polo premio no I Concurso de Podcasts do programa Radio na biblio que convocou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Este podcast forma parte dun traballo por proxectos intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial no que participan os Vagalumes de 3º A e o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato.

Agradecer ás avoas lavandeiras, ás Aturuxeiras, a Andy Cedeira, a Quique Vazquez, aos técnicos da Onda Discalza, a Beatriz Leonardo Labraña, a Elsa López, a Paulo Montouto Sound Machine. Por suposto ao alumnado, aos mestres implicados e á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia pola oportunidade.

Sen todos vós, isto non sería posible. Por moitas máis!

DIFUSIÓN NO DIARIO CULTURAL

 RADIO GALEGA

 

Distribuir contido