Skip to Content

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DE MÁSCARAS

 

Publicada a listaxe provisional de adxudicación de máscaras no taboleiro de entrada do colexio.

Prazo de reclamación: dous días hábiles a partir da súa publicación.

 

 

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Informamos que a Consellería de Educación publicou a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en en centros privados concertados no curso 2021/22 (código do procedemento ED330E).

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil).

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar non curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

-Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

-Alumnado matriculado en Educación Especial.

-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

* Presencialmente no centro en horario de 09:00  a 14:00h.

   BAIXO PREVIA CITA CHAMANDO AO TELÉFONO 981 292 235

* Prazo de presentación: do 15 ao 26 de novembro de 2021 ámbolos dous incluidos.

ANEXO I eANEXO II (premer no enlace).

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro interior do centro o 30 de novembro. Contra as listaxes provisionais, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

PROXECTO ENKI 2021

Aquí podedes ver como foi a nosa participamos na carreira solidaria ENKI:

 

                   

      

 

DÍA DO ENSINO 2021

Prezadas familias,

Lembramos que o vindeiro luns 11 de OUTUBRO, tal e como se recolle na orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022, é o DÍA DO ENSINO e, polo tanto, é un día de carácter non lectivo. 

Aproveitamos esta ocasión para comunicar que o día 07 de decembro de 2021 e o día 16 de maio de 2022 son os días con carácter non lectivo solicitados polo centro.

Un saúdo

O Equipo Directivo

COMEZO DO CURSO 2021-2022!!

Bo día,

Mañá, día 09 de setembro, voltamos á escola.

Solicitamos a lectura dos protocolos COVID, que seguen vixentes, e que regularán o funcionamento e a organización do noso centro. 

O profesorado titor está a comunicarse con todos vós ao ao longo desta semana e están xa planificadas e publicadas as reunións iniciais coas familias. 

Para o inicio do curso lembrade, as instrucións comunicadas polo profesorado titor e as que as autoridades sanitarias establencen como obrigatorias para este curso escolar:

  • Uso de máscara obrigatori para o alumnado de Educación de Primaria e moi recomendable para o alumnado de Educación Infantil.
  • Respecto da sinalización e espazo reservado exclusivamente para o alumnado.
  • Como sabedes  segue sen  permitirse a entrada no edificio a ningún adulto sen cita previa, baixo ningunha circunstancia, o noso principal obxectivo un ano máis é a protección do noso alumnado.
  • Lembramos ás familias que eviten as aglomeracións.

Este ano continúa a  rutinas de entradas e saídas establecidas no protocolo do centro, que farán que o centro permaneza pechado en harario lectivo, permitindo a entrada tan só de 11:30 a 12:30h,  para aquelas familias que tivesen asuntos familiares, citas médicas ou chegasen tarde, non sendo posible a entrada ou saída noutro momento que non sexa o establecido.

Este curso, é co inicio das obras de remodelación do centro, pregamos paciencia e colaboración pola vosa parte, respectando en todo momento os espazos reservados exclusivamente para o alumnado.

Para acudir á administración do centro é preciso a petición de cita previa no telefóno: 981 292 235, Ext.;1

Os nosos mellores desexos neste inicio de curso!!!

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2021-2022

Prezadas familias,

Publicamos a organización das entradas e saídas no noso centro que terá como obxectivo principal evitar as aglomeracións e os tempos de espera nas entradas e saídas. Lembramos respectar as zonas de uso exclusivo do alumnado. Neste documento adxunto figuran os planos.

Horario de entradas e saídas:

Educación Infantil:

Entrada:

6º nivel de Educación Infantil: 9:00 horas.

5º nivel de Educación Infantil: 9:05 horas.

4º nivel de Educación Infantil: 9:10 horas. 

Saída:

6º nivel de Educación Infantil: 13:50 horas.

5º nivel de Educación Infantil: 13:45 horas.

4º nivel de Educación Infantil: 13:45 horas.

 

O espazo de entrada e saída de Educación Infantil segue acondicionado para evitar aglomeracións.

Este horario sufrirá variacións durante o período de adaptación que terá lugar durante o mes de setembro segundo a Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022.

 

Educación Primaria:

1º nivel:

Entrada: 9:00 horas

Saída: 13:45

O primeiro día de clase o alumnado de 1º de Educación Primaria entrarán de últimos ás 9:15 horas.

 

2º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 13:50 horas.

 

3º e 4º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 14:00 horas.

 

5º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 13:55 horas.

 

6º nivel:

Entrada: 9:00 horas.

Saída: 14:00 horas.

 

Portas de entrada e saída:

Educación Infantil: porta de entrada ao espazo reservado de Educación Infantil (antigo soportal de entrada das filas).

Educación Primaria, niveis 1º e 2º: porta de entrada zona leste (comedor).

Educación Primaria, niveis 3º e 4º: porta de entrada zona oeste (salón de actos.

Educación Primaria, niveis 5º: entrada principal. Filas no patio de Infantil (zona próxima á porta verde do mercado)

Educación Primaria, nivel 6º: entrada principal. Filas no patio de Infantil (zona próxima ao aparcadoiro) .

A porta da Rúa Camilo José Cela segue a ser de USO EXCLUSIVO do alumnado transportado.

Distribuir contido


by Dr. Radut