Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022-2023, será do 1 ao 21 de marzo ambos incluídos. A atención ao público será baixo previa cita chamando ao teléfono do centro (Tlfno:981 292 235)

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

  • LUNS 27 DE FEBREIRO DE 2023: 17:00h       

  • LUNS 06 DE MARZO DE 2023: 17:00h

* Deberá facerse reserva de data e horario na secretaría do centro, chamando ao teléfono: 981 292 235 ext.:100

 

 

 

 

 

 

  

     

COMUNICACIÓN DOS CASOS POSTIVOS DA COVID-19

  

 

Lembramos a importancia da comunicación ÁS AUTORIDADES SANITARIAS ante a aparición dun caso positivo, segundo o procedemento que aparece no vídeo anterior.

Na  seguinte ligazón é onde deberedes comunicar directamente ao SERGAS, a través dunha autodeclaración, o positivo do voso/a fillo/a no caso de que fagades un test de autodiagnóstico, ou ben chamar ao teléfono 881540045.

 

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión nestes momentos!!

O Equipo Directivo

 

 

VOLTA SEGURA ÁS AULAS

Prezadas familias,

O Ministerio de Sanidade vén de publicar os novos protocolos de xestión epidemolóxica en centros educativos. Poderán acceder a estes documentos nas ligazóns do final desta publicación.

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderán incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata  completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
  • A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade  (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
  • No caso do alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independemente do estado vacinal.
  • Ante agrupacións de casos (5 ou máis confirmados de infección activa) seguiranse as pautas xerais para a determinación de corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Anexos:

O Equipo Directivo

REPARTO DE MÁSCARAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O vindeiro LUNS 17 de xaneiro procederase a entrega de máscaras única e exclusivamente ao alumnado beneficario do vale de material (50 euros) do Fondo Solidario de Libros. No arquivo adxunto figura o horario e a planificación desta entrega.

Reserva de praza no IES OTERO PEDRAYO

O prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que cursará estudos de 1º da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo (centro adscrito) é do 11 de xaneiro  ao 08 de febreiro.

Presentarase no noso centro o formulario normalizado ED550A, que poderá descargar en formato PDF editable e que figura como documento adxunto no pé desta entrada.

Tamén poden tramitar a solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta ou cumprimentala a través da aplicación admisióndealumnado, presentándoa posteriormente no centro.

As listaxes de admitidos por este procedemento de reserva publicaranse o 25 de febreiro. 

A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

 

FELICES FESTAS!!!

 

A comunidade educativa do CEIP María Pita deséxavos unhas Felices Festas e un próspero ano 2022!!!

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADXUDICACIÓN DE MÁSCARAS

Hoxe, 03 de decembro, publicamos as LISTAXES DEFINITIVAS DE ADXUDICACIÓN DE MÁSCARAS para o alumnado de Educación Primaria. Poden consultarse no taboleiro interior do centro.  

Distribuir contido


by Dr. Radut