Skip to Content

INICIO DO CURSO 2021-2022!!

Benvidos/as de novo á escola!!!

Queremos informar que, tal e como publicou a Consellería de Educación, na orde de calendario  o comezo das clases terá lugar o día 09 de setembro.

Durante a próxima semana e antes do comezo das clases lembraremos a organización referida ás entradas e saídas do alumnado, espazos reservados e forma de contacto co centro así coma tamén as peticións de cita de previa para trámites administrativos, entrevistas e outras, que se desenvolverán do mesmo xeito ca no curso anterior.

Un ano máis queremos  solicitar a vosa axuda e colaboración no respecto das normas de funcionamento establecidas no centro. O ano pasado acadamos entre toda a comunidade educativa que  primara a seguridade en materia de saúde co fin de evitar riscos e xestionar o mantemento das distancias para evitar aglomeracións  para  cumprir a lexislación vixente en materia sanitaria, por iso desexamos continuar traballando nesta liña para acadar os mellores resultados.

É por iso, que solicitmaos a toda a comunidade educativa que volva a facer un esforzo  para conseguir que a escola sexa un lugar seguro para o alumnado, ese seguirá a ser será un obxectivo primordial.

O profesorado titor xa está a traballar para unha primeira comunicación coas familias mediante vía telefónica e esta páxina web seguirá a ser unha canle de comunicación oficial.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

Unha aperta grande

COMEZO DO CURSO 2021-2022!!

Neste vídeo lembramos a organización que seguirá o centro este curso escolar segundo o protocolo Covid:


CURSO 2021-2022

Prezadas familias,

Un ano máis o COVID segue presente na vida diaria e por extensión nas nosas escolas.

Continuamos a traballar  na adecuación das nosas instalacións para cumprir coa normativa legal que nos van comunicando. Do mesmo xeito estamos a planificar os cambios organizativos e pedagóxicos que, nesta situación sanitaria actual, temos que implementar en función dos recursos persoais e materiais dos que dispoñemos de cara ao vindeiro curso escolar, aínda que xa comunicamos que os protocolos organizativos e de funcionamento do noso centro serán os mesmos que o pasado ano académico.

Ao longo destes días e antes do comezo da actividade lectiva lembraremos as medidas organizativas e pedagóxicas para o curso 2021-2022.

Unha vez máis e  dende este momento pedimos a máxima colaboración, respecto e paciencia no cumprimento das normas que rexerán o funcionamento do centro, entendendo que a nosa primeira e primordial  preocupación é e será sempre o benestar do noso alumnado.

Tamén comunicamos que este ano o centro comezará un proceso integral de renovación estrutural para a mellora do edificio, que pode implicar medidas organizativas extraordinarias. Sabemos que estas obras poden provocar molestias pero resulta primordial acometelas canto antes.

Unha aperta moi grande!!

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2021-2022 MEC

Achegamos o enlace do Ministerio de Educación  e Formación Profesional (MEC) para cubrir as bolsas 2021 – 2022 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Premendo o enlace pódense comprobar os requisitos (límites de renda e patrimonio e necesidades que cubre), así como o tipo de bolsa e contía da mesma. As persoas que a desexen tramitar terán que informar ao centro, así como pedir cita previa para a entrega da documentación pertinente. Aconséllase non agardar á data final do prazo, xa que dende a escola é preciso achegar un informe individual de cada solicitante.

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

LISTAXES PROVISIONAIS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021 - 2022

 O prazo de reclamacións será do 01 ao 07 de setembro de 2021 na secretaría do centro.

As listaxes definitivas serán publicadas o día 08 de setembro.

 

ENTREGA DE LIBROS E AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO 2021 - 2022

A entrega de libros adxudicados e dos cheques pendentes de recoller efectuarase o LUNS 06 de SETEMBRO no horario e lugares esteblecidos no documento adxunto.

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2021 - 2022

As LISTAXES DEFINITVAS de admitidos/as do Fondo de Libros poderán consultarse dende hoxe, 02 de xullo, no taboleiro de entrada do colexio e na aplicación FondoLibros.

A entrega de vales será o 05 e 06 de xullo en horario de 10 a 13h.

Os libros adxudicados serán entregados  en setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2021 - 2022

As LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos/as do Fondo de Libros poderán consultarse dende hoxe, 28 de xuño, no taboleiro de entrada do colexio e na aplicación FondoLibros.

O prazo de reclamación a estas listaxes é o 29 e 30 de xuño.

As listaxes definitivas serán publicadas o 02 de xullo.

As listaxes de beneficiarios/as dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material non se publicará (segundo a Lei de protección de datos) e poderán ser consultadas na administración do centro ou de maneira telefónica no horario de 10 a 13h.

A entrega de vales será o 05 e 06 de xullo en horario de 10 a 13h.

Distribuir contido


by Dr. Radut