Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO IES OTERO PEDRAYO

O prazo de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Primaria que cursará estudos de 1º da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo (centro adscrito) é do 16 de xaneiro  ao 06 de febreiro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisióndealumnado, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no noso centro co formulario normalizado ED550A, que poderán descargar en formato PDF editable e que figura como documento adxunto no pé desta entrada.

A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do incio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

Máis información na Orde do 21 de outubro de 2022 e no Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

FELICES FESTAS!!

Alina Teliatnikova 5ºA Educación Primaria

 

A comunidade educativa do CEIP María Pita deséxavos unhas Felices Festas e un próspero ano 2023!!!

 

 

 

DÍA DO ENSINO 2022

Prezadas familias,

Lembramos que o vindeiro luns 31 de OUTUBRO, tal e como se recolle na orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023, é o DÍA DO ENSINO e, polo tanto, é un día de carácter non lectivo. 

Aproveitamos esta ocasión para comunicar que o día 02 de maio de 2023 é o día de carácter non lectivo solicitado polo centro.

Un saúdo

O Equipo Directivo

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias:

Informamos que, atendendo á resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  procederase á renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

Renovaranse os seguintes postos:

- 3 representantes das familias

- 3 representantes do profesorado

- 1 representante do persoal auxiliar e de servizos

 

Un cordial saúdo

O Equipo Directivo

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

No Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 publícase a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os/as beneficiarios/as do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do día seguinte (hábil) ao da publicación no DOG.

Estes vales deberán empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.
 

ORGANIZACIÓN DO 1º DÍA - 08 SETEMBRO

No documento adxunto podedes consultar a organización das entradas e saídas do alumnado. Lembramos que as zonas en vermello, incluídas a zona do alumnado transportado e a nova zona cuberta coa pérgola,  seguen a ser espazos reservados para o alumnado. 

Nas reunións iniciais coas familias informarase sobre as entradas e saídas  nos días de chuvia e tamén sobre o horario de entrada e saída ao centro dentro da xornada escolar.

Por motivos de seguridade (custodia do alumando transportado) as escaleiras con acceso a Ronda Camilo José Cela continúan a ser de uso exclusivo do dito alumnado transportado.

 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!! Os nosos mellores desexos neste inicio de curso!!!

LISTAXES PROVISIONAIS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

O prazo de reclamacións será de 02 ao 06 de setembro ambos os dous incluídos e presentarase na secretaría do centro.As listaxes definitivas serán publicadas o día 7 de setembro.

LISTAXES TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023

Datas de interese:

  • Publicación das listaxes provisionais: XOVES 01 de setembro
  • Prazo de reclamación: do VENRES 02 de setembro ao MARTES 06 de setembro ambos os dous incluídos.
  • Publicación das listaxes definitivas: MÉRCORES  07 de setembro

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E VALES

A entrega dos libros adxudicados polo fondo de libros así coma dos vales que non foron recollidos no mes de xullo realizarase o MARTES 06 de setembro nos horarios e espazos que figuran no documento anexo:

Distribuir contido


by Dr. Radut