O alumnado admitido deberá formalizar matrícula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño en horario de luns a venres de 9:15 a 11:00 e de 12:00 a 13:30 e os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Documentación a entregar no caso de que non se teña presentado coa solicitude de praza:
- Impreso de matrícula
- 6 fotografías tamaño carné
- Copia da cartilla de vacinación ou informe médico
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do Libro de Familia
- Padrón municipal
- No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia
- Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de estar escolarizado noutro centro)
Se finaliza o prazo de matrícula e non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).