Skip to Content

BENVIDOS/AS!!

Prezadas familias,

Todo o profesorado do centro así coma o Equipo Directivo quere darvos a BENVIDA ao novo curso escolar e desexarvos un FELIZ CURSO!!

 

REUNIÓN 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Prezadas familias de 4º de Educación Infantil,

Todo o profesorado do centro e o Equipo Directivo quere darvos a BENVIDA ao noso centro e desexarvos un feliz curso!!

O xoves 07 de setembro ás 10:00h teredes unha reunión coas titoras para coñecer as aulas e normas de organización e funcionamento da nosa escola. Podedes aproveitar esta reunión para achegar o material do alumnado.

Os nosos mellores desexos neste inicio de curso!!

 

 

 

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E VALES

A entrega dos libros adxudicados polo fondo de libros así coma dos vales que non foron recollidos no mes de xullo realizarase o XOVES 7 DE SETEMBRO nos horarios e espazos que figuran no documento anexo

LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO NO TRANSPORTE ESCOLAR

As listaxes de alumnado admitido como usuario de transporte escolar para o curso 2023-2024 están publicadas no taboleiro interior do centro.

Datas de interese:

  • Publicación das listaxes provisionais: VENRES 01 de setembro
  • Prazo de reclamación: do LUNS 4 de setembro ao MÉRCORES 6 de setembro ambos os dous incluídos.
  • Publicación das listaxes definitivas: VENRES 8 de setembro.

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2023 - 2024

As LISTAXES DEFINITVAS de admitidos/as do Fondo de Libros poderán consultarse dende hoxe, 03 de xullo, no taboleiro de entrada do colexio e na aplicación FondoLibros usando a Chave365, certificado dixital ou DNI electrónico.

A entrega de vales será o 05 e 06 de xullo en horario de 10 a 13h.

Os libros adxudicados serán entregados  en setembro.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2023-2024

As LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos/as do Fondo de Libros poderán consultarse dende hoxe, 28 de xuño, no taboleiro de entrada do colexio e na aplicación FondoLibros usando a Chave365, certificado dixital ou DNI electrónico.

O prazo de reclamación a estas listaxes é o 29 e 30 de xuño.

As listaxes definitivas serán publicadas o 03 de xullo.

As listaxes de beneficiarios/as dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material non se publicará (segundo a Lei de protección de datos) e poderán ser consultadas na administración do centro de 10 a 13h.

A entrega de vales será o 05 e 06 de xullo en horario de 10 a 13h.

MATRÍCULA 2023 - 2024

O alumnado admitido deberá formalizar matrícula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño en horario de luns a venres de 9:15 horas a 11:00 horas e de 12:00 horas a 13:30 horas

Documentación a entregar no caso de que non se teña presentado coa solicitude de praza:

  • Impreso de matrícula
  • 6 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Padrón municipal
  • No caso de separación ou divorcio, fotocopia da sentenza xudicial na que figure quen ten outorgada a garda e custodia
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de estar escolarizado noutro centro)

 

Se finaliza o prazo de matrícula e non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida (art. 40.2a e 40.3).

AVISO: Por motivos alleos ao centro éste permanecerá pechado o xoves 22 de xuño.

 

LISTAXE LIBROS CURSO 2023 - 2024

Premendo na imaxe poderán acceder á listaxe de libros de  Educación Primaria do vindeiro curso 2023-2024.

LISTAXE MATERIAL CURSO 2023 - 2024

Premendo na imaxe poderán acceder á listaxe do material para Educación Infantil e Educación Primaria do vindeiro curso 2023-2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut