Bo día,
Mañá, día 09 de setembro, voltamos á escola.
Solicitamos a lectura dos protocolos COVID, que seguen vixentes, e que regularán o funcionamento e a organización do noso centro.
O profesorado titor está a comunicarse con todos vós ao ao longo desta semana e están xa planificadas e publicadas as reunións iniciais coas familias.
Para o inicio do curso lembrade, as instrucións comunicadas polo profesorado titor e as que as autoridades sanitarias establencen como obrigatorias para este curso escolar:
- Uso de máscara obrigatori para o alumnado de Educación de Primaria e moi recomendable para o alumnado de Educación Infantil.
- Respecto da sinalización e espazo reservado exclusivamente para o alumnado.
- Como sabedes segue sen permitirse a entrada no edificio a ningún adulto sen cita previa, baixo ningunha circunstancia, o noso principal obxectivo un ano máis é a protección do noso alumnado.
- Lembramos ás familias que eviten as aglomeracións.
Este ano continúa a rutinas de entradas e saídas establecidas no protocolo do centro, que farán que o centro permaneza pechado en harario lectivo, permitindo a entrada tan só de 11:30 a 12:30h, para aquelas familias que tivesen asuntos familiares, citas médicas ou chegasen tarde, non sendo posible a entrada ou saída noutro momento que non sexa o establecido.
Este curso, é co inicio das obras de remodelación do centro, pregamos paciencia e colaboración pola vosa parte, respectando en todo momento os espazos reservados exclusivamente para o alumnado.
Para acudir á administración do centro é preciso a petición de cita previa no telefóno: 981 292 235, Ext.;1
Os nosos mellores desexos neste inicio de curso!!!