Día da Paz
Celebración
Enviado por maria o Mér, 2008-06-11 22:42Conscientes de que a loita pola Paz non é cousa dun día senón de todos os días do ano, a semana do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro adicámola a fomentar entre o alumnado valores de paz e solidariedade elaborando carteis e lembrando a biografía de persoeiros que tiveron moito que ver na loita pola paz.
Os alumnos/as do 2º ciclo puxéronlle voz a un anunico de Paz e recitaron poemas da Nai Teresa de Calcuta.
Compuxemos entre todos un crebacabezas dunha Pomba da Paz chea de desexos de paz formulados polos nenos/as.
Tradicional solta de pombas.