BI_ORGANIZACIÓN
Normas de utilización.
Enviado por Fran Macias o Ven, 2008-05-23 13:14NORMAS PARA A UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA NO RECREO.
1.- Se collemos un libro para ler ou para botarlle unha ollada deixarémolo sempre no seu sitio ao rematar ou no caixón de "libros para colocar", se é que nos esquecimos do seu sitio e temos presa por marchar.
2.- Antes de coller un libro debemos colocar no seu sitio un marcador de multileo, que se atopan na mesa do ordenador.
- O marcador colocarase xusto no lugar que ocupaba o libro no andel.
- O número irá cara fóra para así lembrar cal é o noso.
- Cando colocamos o libro debemos retirar o marcador e deixalo na mesa.
3.- Se os libros ou revistas que colledes están nos andeis expositores ou na zona de "lectura informal", so tedes que dixalos nesa zona pero sen importar o lugar.
4.- Podes ler ou consultar os libros en calquera zona: "Consultas", "Lectura informal" ou "Infantil" , pero sempre cumprindo as normas.
5.- Non se poden coller os libros que están amontoados sobre os andeis, porque están sen catalogar. Por contra podedes coller os que están no caixón de "libros para colocar"
6.- Podedes devolver un libro cando queirades, pero sen pasar dos 15 días de préstamo, só tedes que dixalos no caixón de "Libros para devolver".
Presente e pasado
Enviado por Cristina o Mér, 2008-05-07 17:11
A nosa biblioteca ven funcionando desde
prácticamente a inauguración do colexio.
No curso 2004/05 creamos unha
comisión para elaborar o proxecto de reforma e mellora e
presentalo ao PLAMBE. A pesar de que
nos anos seguintes non nos foi seleccionado continuamos coa reforma:
expurgo, cambio do espazo físico(recunchos, pintura, mobles,
decoración...), informatización dos fondos e
realización dos préstamos....