Concurso de Postres 2014
Enviado por maria o Mar, 2014-10-28 22:11
00/00/
Array
Con motivo da celebración do MAGOSTO imos organizar un Concurso de Postres para o xoves, 6 de novembro.
BASES DO CONCURSO
- Podedes presentar calquera tipo de postre elaborado artesanalmente na casa, coa condición de que o ingrediente principal sexa algún froito típico do outono.
-
Os postres deberán ser presentados no cole entre os días 5 e 6 de novembro.
-
O concurso estará dotado de tres premios:
Máis saboroso |
Máis orixinal |
Máis dificultade na súa elaboración |
-
Cada postre deberá vir acompañado dun cartel identificativo que vos entregará o titor/a, no que indicaredes: o nome do postre, os ingredientes, o reposteiro e o curso.
As receitas gañadoras serán publicadas no xornal escolar "O Espigonciño" e na páxina web do Centro.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E... SORTE!!!