Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Setembro 10, 2024
Start: 10/09/2024 12:44

BENVIDA: LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2024

 

                                         

 

”Mañá da comenzo o novo curso para os/as nosos/as nenos/as, e os/as mestres e mestras do cole de Cariño estamos desexando recibilos para poñer todo o

noso corazónna súaeducación. Estamos preparando todo con moito agarimo, entusiasmo e ilusión, e como dicimos sempre, para poder camiñar, gozar, ensinar e

seguir aprendendoxuntos.

Tamén desexamos dar a benvida ao resto da Comunidade Educativa a que convidamos a participar dun xeito activo nesta novo curso. Aquí estamos para seguir

avanzando, para axudar e facilitar as cousas sempre sen descoidar o noso compromiso co noso alumnado que é, en definitiva, o noso centro de interés, e por

quen e para quen debemos traballar conmotivación, buscando o mellor xeito de chegar a el. O que máis desexamos é que os/as nosos/as nenos/as sexan felices

aprendendo, que despreguen a súa creatividade a súa imaxinación, e que sexan quen de expresar as súas emocións e que sigan adquirindo aprendizaxes. En

definitiva, que continúen desenrolando todo o potencial que posúen, aquí,neste lugar, onde ademais pretendemos que aprendan a aceptar, a incluir e a integrar

as diferenzas. E remato coma sempre, un lugar onde Eles e Elas son os/as PROTAGONISTAS".

Start: 10/09/2024 13:23
Entrada 

Educación Infantil

4º de EI- entrarán segundo establecido no período de adaptación.

5º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que de acceso ás aulas de

EI, onde estará agardando a súa titora.
6º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de

EI, onde estará agardando a súa titora.
Educación Primaria O alumnado de Educación Primaria poderá entrar no recinto ás 9:25, momento en que se abrirá o portalón. Os nenos/as entrarán ata a

porta principal do cole onde serán
recibidos polos seus titores/as que os acompañarán ata as súas respectivas aulas. Se veñen coas

mochilas cargadas de libros serán os mestres especialistas os que se encarguen de facelas chegar ás clases.
Saída Educación Infantil 4º EI- sairán segundo o establecido no período de adaptación. 5º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. 6º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. Educación Primaria O alumnado de EP sairá ás 14:30 pola porta principal se é recollido polas familias que agardarán no exterior do recinto escolar, e polo patio cuberto se

é usuario de transporte.
No caso de que algún/ha alumno/a transportado teña que ser recollido pola familia, esta deberá facelo esperando fóra do recinto onde estacionan os

autobuses. Neste caso
debe comunicarse ao titor/a. IMPORTANTE: o transporte funcionará no horario habitual. O alumnado transportado, tanto de EI como EP, será atendido polo profesorado dende o momento que chegue

ao centro.

Un saúdo e feliz comezo de curso.

O Equipo Directivo
Sábado Setembro 21, 2024
Start: 21/09/2024 11:50

Martes Setembro 24, 2024
Start: 24/09/2024 12:50

Outro ano máis imos colaborar con  Mariola Solidaria( www.csmariola.com) unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2024 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.

                                                                                          

 

 

 

Podedes deixar as bolsas coa roupa e calzado no salón Manuel Murguía (salón de Actos do cole) desde o xoves 26 de setembro ata o 2 de outubro, xa que o día 3 recollen cedo, xa non se poderán deixar máis bolsas.

Moitas grazas.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido