Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
Start: 27/05/2024 18:15
Neste mes algúns dos docentes do centro realizamos un curso para aprender a empregar o Chroma, e así avanzar e adentrar ao noso alumnado no mundo audiovisual, parécevos moi sinxelo? Pois ten moita miga! Aquí vos deixo algunhas fotos de como nos foi Start: 27/05/2024 20:15
Este curso o alumnado de 2º de Educación Primaria está levando a cabo este proxecto tan fermoso, coa axuda da súa titora e outra docente do centro. Consiste en que o alumnado debe de crear a súa propia compañía de ópera, de maneira totalmente autónoma. Eles/as encárganse de todo dende realizar o logo ata crear o seu propio guión. Nunhas semanas estrearan a súa obra, de seguro será un bo traballo. Start: 27/05/2024 20:21
Estamos de aniversario, o Xeoparque Mundial da Unesco "Cabo Ortegal" fíxose realidade fai agora un ano, por iso hoxe visitounos Fran Canosa, un xeólogo que sabe moito sobre este tema.
Falounos dos territorios que forman o xeoparque (municipios de Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Cariño), que pertenece á rede mundial de xeoparques, Unesco Global Geoparks. Trouxo rochas da nosa contorna e falounos delas, das súas características e da súa importancia.
Foi unha experiencia moi agradable que viviu o alumnado de 5° de EP e que lles axudou a ampliar coñecementos sobre està temática, ademais de aproximarnos máis a nosa contorna.
Tamén aproveitaron para ensinarlle con orgullo o traballo de Caderno de Campo que levaron a cabo eles, onde unha parte versaba sobre as rochas da contorna.
| 28
| 29
| 30
Start: 30/05/2024 10:12
Mirade que ben o pasaron os pequenos/as de 4 anos este curso nas súas visitas á aula multisensorial. Un aula chea de estímulos e ideal para observar, tocar, probar...Dende logo non perdades a oportunidade de sumerxirvos no mundo dos sentidos | 31
| 1
Start: 01/06/2024 10:28
Aquí vos deixamos unha recopilación do ben que o pasaron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, no Encontro de Compañías de LÓVA de Galicia. De seguro foi unha experiencia fantástica e voltaron cheos de ideas e coñecementos, e do máis importante, moitísima ilusión co seu proxecto. Ide activando a conta atrás porque non queda nadiña para que Soletes (así se fan chamar) estreen a súa obra e de seguro nos deixarán coa boca aberta.
https://www.facebook.com/photo?fbid=438552545756594&set=pcb.438554052423110 https://www.facebook.com/100088055559789/videos/829738559050284 | 2
|