Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

VISITA DE FRAN CANOSA

27/05/2024 20:21
Europe/Madrid
Estamos de aniversario, o Xeoparque Mundial da Unesco "Cabo Ortegal" fíxose realidade fai agora un ano, por iso hoxe visitounos Fran Canosa, un xeólogo que sabe moito sobre este tema.
Falounos dos territorios que forman o xeoparque (municipios de Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Cariño), que pertenece á rede mundial de xeoparques, Unesco Global Geoparks. Trouxo rochas da nosa contorna e falounos delas, das súas características e da súa importancia.
Foi unha experiencia moi agradable que viviu o alumnado de 5° de EP e que lles axudou a ampliar coñecementos sobre està temática, ademais de aproximarnos máis a nosa contorna.
Tamén aproveitaron para ensinarlle con orgullo o traballo de Caderno de Campo que levaron a cabo eles, onde unha parte versaba sobre as rochas da contorna.