Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Maio 27, 2024 »
Lun
Start: 27/05/2024 17:37

Start: 27/05/2024 18:11

 

 

Start: 27/05/2024 18:15

Neste mes algúns dos docentes do centro realizamos un curso para aprender a empregar o Chroma, e así avanzar e adentrar ao noso alumnado no mundo audiovisual, parécevos moi sinxelo? Pois ten moita miga! Aquí vos deixo algunhas fotos de como nos foiSorriso

Start: 27/05/2024 20:15

Este curso o alumnado de 2º de Educación Primaria está levando a cabo este proxecto tan fermoso, coa axuda da súa titora e outra docente do centro. Consiste en que o alumnado debe de crear a súa propia compañía de ópera, de maneira totalmente autónoma. Eles/as encárganse de todo dende realizar o logo ata crear o seu propio guión. Nunhas semanas estrearan a súa obra, de seguro será un bo traballo.

Start: 27/05/2024 20:21
Estamos de aniversario, o Xeoparque Mundial da Unesco "Cabo Ortegal" fíxose realidade fai agora un ano, por iso hoxe visitounos Fran Canosa, un xeólogo que sabe moito sobre este tema.
Falounos dos territorios que forman o xeoparque (municipios de Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Cariño), que pertenece á rede mundial de xeoparques, Unesco Global Geoparks. Trouxo rochas da nosa contorna e falounos delas, das súas características e da súa importancia.
Foi unha experiencia moi agradable que viviu o alumnado de 5° de EP e que lles axudou a ampliar coñecementos sobre està temática, ademais de aproximarnos máis a nosa contorna.
Tamén aproveitaron para ensinarlle con orgullo o traballo de Caderno de Campo que levaron a cabo eles, onde unha parte versaba sobre as rochas da contorna.
 
Distribuir contido