Eventos
O Día das Bibliotecas é oficialmente o 24 de outubro, pero para calquera bo lector/a é tódolos días do ano. Non perdades nunca a oportunidade de vistala .
Aqui vos deixamos un video resumo das actividades realizadas para conmemorar este día.
https://www.facebook.com/100088055559789/videos/1383334102555765
Nesta ocasión puxemos a proba ao noso alumnado, xa que era unha actividade optativa, no tempo de lecer. Tratábase dunha exposición de xornais, e tiñan que elixir a noticia que máis lles gustase, posteriormente cubrían unha cuadrícula na que figuraba: nome, curso, titular, xornal e data de elección.
Deixámosvos unhas fotografías deste traballo tan fermoso; así coma o enlace a Youtube, nos non podemos deixar de velo. A vos pasavos igual?
https://youtu.be/xXyNJPbDX68?si=_tlX8MO-nYHQX4wz
Neste mes algúns dos docentes do centro realizamos un curso para aprender a empregar o Chroma, e así avanzar e adentrar ao noso alumnado no mundo audiovisual, parécevos moi sinxelo? Pois ten moita miga! Aquí vos deixo algunhas fotos de como nos foi
Este curso o alumnado de 2º de Educación Primaria está levando a cabo este proxecto tan fermoso, coa axuda da súa titora e outra docente do centro. Consiste en que o alumnado debe de crear a súa propia compañía de ópera, de maneira totalmente autónoma. Eles/as encárganse de todo dende realizar o logo ata crear o seu propio guión. Nunhas semanas estrearan a súa obra, de seguro será un bo traballo.
Mirade que ben o pasaron os pequenos/as de 4 anos este curso nas súas visitas á aula multisensorial. Un aula chea de estímulos e ideal para observar, tocar, probar...Dende logo non perdades a oportunidade de sumerxirvos no mundo dos sentidos
Aquí vos deixamos unha recopilación do ben que o pasaron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, no Encontro de Compañías de LÓVA de Galicia. De seguro foi unha experiencia fantástica e voltaron cheos de ideas e coñecementos, e do máis importante, moitísima ilusión co seu proxecto. Ide activando a conta atrás porque non queda nadiña para que Soletes (así se fan chamar) estreen a súa obra e de seguro nos deixarán coa boca aberta.
https://www.facebook.com/photo?fbid=438552545756594&set=pcb.438554052423110
https://www.facebook.com/100088055559789/videos/829738559050284
Hoxe levamos a cabo esta actividade tan tenra e fermosa. Os maiores de Landoi viñeron visitarnos ao cole, acudimos con eles/as á biblioteca, e ali estivemos un bo anaco: cantáronnos unha canción e nos a eles/as, léronnos un conto, contáronnos cousas de cando ian ao colexio...En definitiva foi un intercambio interxeneracional moi bonito; non sabemos quen o pasaría mellor...os máis pequenos ou os máis maiores? Por suposto, agradecemos enormemente de novo, esta visita. Desexamos que sexa a primeira de moitas.
Así de fermosas quedaron as pulseiras nas que escribimos as palabras apadriñadas e que lucimos na saída á praia para celebrar o Día dos Océanos :))
O alumnado de 5º B de primaria desevolveu un traballo sobre o estudo da contorna natural do colexio. Este traballo foi presentado ao concurso Caderno de Campo do programa prensa - escuela de La Voz de Galicia.
Aquí vos deixo un resumo da actividade que realizaron na praia os nenos/as do cole. O tempo non acompañou demasiado, pero deu un respiro para recoller os plásticos que había na na praia, merendar e algún incluso xogar.
Aqui vai un pequeno resumo da actividade realizada a semana pasada na praia. O tempo non respectou demasiado, e tivemos que acortar a actividade, malia así puidemos recoller basura, merendar e algún grupo incluso xogar algo.
Ata o 30/06/2023 procederase á confirmación de matrícula para o curso 2023-2024.
Esta confirmación de matrícula é aplicable ao alumnado de novo ingreso no centro que participou no proceso de Admisión do Alumnado. Os alumnos que xa están matriculados no centrto e continúan nel non precisan facelo.
Para formalizar a matrícula precísase entregar na secretaría do centro a seguinte solicitude debidamente cuberta e firmada e o anexo de cesión de dereitos de imaxe e lingua materna do alumno/a-
- DOCUMENTO DE CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA
- Autorización de cesión de dereitos de imaxe. (en caso de non telo presentado previamente coa solicitude de admisión).
- Lingua materna do/a alumno/a
Ademáis entregaranse 2 fotografías tamaño DNI.