Eventos
Aquí vos deixamos o resultado dos traballos realizados polas distintas titorías, no que traballaron sobre diferentes autores/as. Agora as aulas do noso cole teñen un nome dun escritor/a homenaxeado no Días das Letras Galegas. Cada nivel trabollou o autor/a elixido/a.
|
Onte 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos, e nós, como persoas amantes do mar e da súa biodiversidade, queremos celebralo.
Programamos diversas actividades para tomar conciencia da súa importancia e como podemos botar unha man para coidalo e preservalo.
Hoxe , entre outras actividades, tiñamos pensado ir a praia da Basteira para limpala, facer cribado de microplásticos e facer uns obradoiros sobre
a vexetación das dunas por parte Miguel Hevia, un veciño de Cariño, que aceptou a nosa proposta. Isto non puido ser debido a o tempo que estamos a ter.
Deixámolo para a semana que vén.
Hoxe tivemos dúas videoconferencias ofrecidas por Cidade Ciencia que, como outras moitas veces, foi o Concelleiro de Cultura Jonathan Miranda
quen nos xestionou esta actividade. Polo seu contido estiveron destinadas aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e foi Eva velasco a encargada de expoñelas.
Eva é unha doutora do Instituto Español de Oceanografía, unha apaixoada do mar que nos acercou aos nosos mares máis próximos que esta a buscar, xunto
co seu equipo que a pesca sexa unha actividade sostible.
Eva, estamos contigo: “Entre todos/as podemos conseguir preservar a biodiversidade dos nosos océanos” e “Para coidar hai que coñecer”.
Grazas Cidade Ciencia, Grazas Eva e Grazas Jonathan por facilitarnos esta actividade. Ata a próxima!!
Hoxe deu comezo o tempo para dedicarlle ao noso laboratorio e aos experimentos. Debido á cantidade de actividades que temos non puidemos facelo ante,
pero aquí estamos. Hoxe os máis pequenos deron a sinal de saída. Aquí vedes como gozaron.
Subiremos máis imaxes doutros niveis.
Dende hoxe, 20/06/2023 ata o 30/06/2023 procederase á confirmación de matrícula para o curso 2023-2024.
Esta confirmación de matrícula é aplicable ao alumnado de novo ingreso no centro que participou no proceso de Admisión do Alumnado. Os alumnos que xa están matriculados no centrto e continúan nel non precisan facelo.
Para formalizar a matrícula precísase entregar na secretaría do centro a seguinte solicitude debidamente cuberta e firmada e o anexo de cesión de dereitos de imaxe e lingua materna do alumno/a-
- DOCUMENTO DE CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA
- Autorización de cesión de dereitos de imaxe.
- Lingua materna do/a alumno/a
Ademáis entregaranse 2 fotografías tamaño DNI.