Eventos
Aqui vos deixaomos un pequeno video do que deu de sí a Semana da Prensa deste ano.
Seguimos traballando no noso tempo de lecer, creando novos espazos e mellorando e coidando os que xa temos.
https://www.youtube.com/shorts/JmNRPNaJWBo
Esto foi que deu de si a Semana ddedicada a prensa deste ano. Todos os niveis traballaron sobre unha mesma noticia e creamos titulares sobre ela. A noticia elixida foi sobre o noso athleta preferido, Adrián Ben Montenegro. Parabéns Adrián.
Onte remataron as Xornadas de Seguridade Vial celebradas no noso centro. Foron 3 días cheos de aprendizaxe e diversión onde o noso alumnado puido atender ás charlas e practicar nun circuito sen perigos. Quico, o monitor, ensinounos e recordounos un montón de normas e regras que sempre debemos recordar, tanto se somos peóns como se conducimos unha bici, un monopatín, patíns, etc. Agora toca demostrar nas rúas todo o que aprendemos. Para rematar, o último día, tivemos unha visita sorpresa de dous gardas de tráfico que nos trouxeron unha moto e un coche, que vemos moitas veces polas estrada pero case nunca tan de cerca. Foron súper amables con nós, afables e pacientes. Deixaronnos montar, tocar a bucina, probar o casco, foi súper emocionante. En fin, MOITAS GRAZAS a estas dúas persoas e , por suposto, a Quico, a quen contamos que nos visite en máis ocasións. Sería inxusto non darlle as GRAZAS publicamente a Jonathan, concelleiro de cultura do noso Concello, que non dubidou en botarnos unha man cando llo propuxemos, xestionando todo o que aquí se fixo.
Poderedes ver todas as fotos na galería de fotos da web.