Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

XORNADAS DE SEGURIDADE VIAL 18-19-20 DE ABRIL

21/04/2023 11:58
Europe/Madrid

Onte remataron as Xornadas de Seguridade Vial celebradas no noso centro. Foron 3 días cheos de aprendizaxe e diversión onde o noso alumnado puido atender ás charlas e practicar nun circuito sen perigos. Quico, o monitor, ensinounos e recordounos un montón de normas e regras que sempre debemos recordar, tanto se somos peóns como se conducimos unha bici, un monopatín, patíns, etc. Agora toca demostrar nas rúas todo o que aprendemos. Para rematar, o último día, tivemos unha visita sorpresa de dous gardas de tráfico que nos trouxeron unha moto e un coche, que vemos moitas veces polas estrada  pero case nunca tan de cerca. Foron  súper amables con nós, afables e pacientes. Deixaronnos montar, tocar a bucina, probar o casco, foi súper emocionante. En fin, MOITAS GRAZAS a estas dúas persoas e , por suposto, a Quico, a quen contamos que nos visite en máis ocasións. Sería inxusto non darlle as GRAZAS publicamente a Jonathan, concelleiro de cultura do noso Concello, que non dubidou en botarnos unha man cando llo propuxemos,  xestionando todo o que aquí se fixo.

Poderedes ver todas as fotos na galería de fotos da web.