Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Febreiro 23, 2023 »
Xov
Start: 23/02/2023 10:18
  1. A partir do próximo luns podedes deixar no salón de actos do cole  as bolsas con roupa e calzado usados para Mariola Solidaria( www.csmariola.com), unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2023 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar  é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.

 

 

Start: 23/02/2023 16:56

Así quedaron os nosos disfraces deste ano relacionados coa temática dos ODS. Esperamos que vos gusten tanto como a nós!!!

Preme na imaxe para ver máis fotos

Distribuir contido