Eventos
Hoxe un grupo de alumnos/as de 5º de EP fixeron entrega dos cartos recaudados para beneficiar, neste caso, a Caritas Cariño. O recaudado foron, un pouco máis de 500 euros, que servirán para axudar a aqueles veciños que máis o necesitan. Estamos moi orgullosos/as dos nosos nenos/as.
Aquí vos deixamos o video da Paz 2023.
- A partir do próximo luns podedes deixar no salón de actos do cole as bolsas con roupa e calzado usados para Mariola Solidaria( www.csmariola.com), unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2023 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.
Comunícase que, unha vez finalizado o prazo para solicitar a reserva de praza para o vindeiro curso académico 2023 - 2024, e despois de validar e asignar as prazas de todas as solicitudes presentadas no noso centro, todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo establecido (23 solicitudes en total) ten praza para cursar o 1º curso da ESO no IES Cabo Ortegal.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) para todo o alumnado de novo ingreso do curso 2023/24
- Alumnado de 4º educación infantil (3 anos): precisa entregar a solicitude (ED550B) e documento acreditativo da idade do/a alumno/a.
- Alumnado de outros cursos procedente doutro centro: (ED550B), documento acreditativo da idade e certificado de matrícula do/a alumno/a.
A solicitude pódese presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" para o que é preciso ter a chave 365 ou certificado dixital.
O modelo pódese descargar nas ligazóns a continuación ou recollela no centro (conserxería ou secretaría).
O pasado 23 de febreiro celebramos outro ano máis o día de Rosalía na nosa biblioteca. Co lema "CUMPRIUSEAXUSTIZA" o alumnado traballou a poesía de Rosalía e elexiu versos e palabras onde se ve reflictido a temática do lema deste ano. Escribiron sobre lazos de cores que posteriormente foron colgados dunha árbores , para así encher o aire coas súas palabras. Grazas Rosalía por deixarnos un legado tan importante.