Eventos
O pasado venres 25 de novembre, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP recibiron a visita de dúas redeiras de Cariño: Ana e Rocío, que con paciencia e tesón ensináronlles aos nosos nenos/as a arte das redes. Resultou do máis atractivo e motivador para estes nenos/as que se amosaron entusiastas e con gañas de aprender en todo momento. Dámoslles as GRAZAS a estas dúas persoas por ofrecerno e darnos a oportunidade de achegarnos un pouco máis a este oficio que está repuntando no noso pobo e é fundamental para a pesca, sustento de moitas familias do noso entorno.
GRAZAS ANA
GRAZAS ROCÍO
O venres 25 de novembro ás 11:30 dirixímonos cara o Concello, onde nos agardaban para facer un acto que fixera visible as inquedanzas sobre a Violencia de Xénero. Alí plantámos cara coas nosas peticións. Algúns/has nenos /as leron unhas fermosas poesías. Tamén gardamos un minuto de silencio para recordar a todas as vitimas desta lacra social. Un pequeno xesto que debe servir para seguir traballando para conseguir que esta situación mude.
Aquí vos deixamos un felicitación de Nadal realizada con traballos plásticos do noso alumnado. Que mellor xeito de felicitarvos????
"Unha pinga de ledicia, un belisco de amor , un chisco de ilusión, e toda a maxia dos/as nosos/as nenos/as fará que estea lista a receita para que este Nadal sexa o mellor."