Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
Start: 28/10/2022 19:41
Hoxe Eva, antigua propietaria de Cadena 100, fixo unha fantástica doazón de disfraces e complementos para os nosos nenos/as. A nós como colexio non nos pode vir mellor todo este material, xa que estamos ideando e organizando uns recunchos de xogo simbólico a través dos disfraces, que estarán situados tanto na biblioteca como no espazo "Como me gusta Argallar". Ademais, este ano, con motivo desta acción de Eva, os/as nenos/as que participaron no concurso de cabazas de Samaín poideron levar un agasallo elexido entre as cousas que ela nos trouxo. Queremos deixar constancia do agradecemento a esta persoa, que de xeito altruista pensou no noso alumnado como beneficiario deste magnifico agasallo, que lles servirá para seguir desenrolándose e aprendendo a través do xogo. MIL GRAZAS EVA NO NOME DOS/AS NENOS/AS!!! Aquí tedes algunhas fotos de cousas doadas:
Start: 28/10/2022 20:06
Ola Familias, como xa sabedes, a consecuencia dos paros da Pandemia, este curso volvemos a ter Eleccións ao Consello Escolar por segundo ano consecutivo. Aínda que iremos publicando algúns dos documentos deste proceso de elección gustariame recordarvos que: - está o censo dos representantes do alumnado no taboeiro de anuncios da entrada ao cole para calquera posible reclamación. -o período de reclamacións ao censo é ata o 17 de novembro. - o prazo de presentación de candidaturas vai do 11 ao 18 de novembro (ambos incluidos).Anímosvos a que vos apuntedes a participar na vida escolar!!!
- As votacións para todos os sectores serán o 29 de novembro.(Recordade que tanto pais como nais tedes dereito a votar. Esperámosvos a todos /as, é importante que veñades a votar!!!) Saúdos
1. CIRCULAR INFORMATIVA PAIS /NAIS /TITORES LEGAIS ELECCIÓNAS PARCIAIS CONSELLO ESCOLAR |