Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
9
| 10
| 11
| 12
| 13
| 14
Start: 14/11/2020 17:46
A Consellería de Educación ven de publicar no DOG do venres 13 de novembro de 2020 ( DOG ) os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
BENEFICIARIO DIRECTO O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.Este alumnado NON DEBERÁ PRESENTAR SOLICITUDE
QUEN DEBE PRESENTAR SOLICITUDE Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída por diferentes circunstancias, pero: a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar. Esta solicitude deberá presentarse de xeito presencial no centro a partir do vindeiro luns 16 de novembro( solicitando cita previa no teléfono 881880434). O formulario de solicitude está dispoñible no portal http://www.edu.xunta.gal , no centro educativo e no adxunto deste anuncio. PRAZO: o prazo de presentación será de 10 días hábiles despois da publicación no DOG
DOCUMENTACIÓN: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
Os documentos deberán reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
| 15
|