Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
Start: 14/06/2019 16:06
IMPORTANTE: Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º) O alumnado de 5º e 6º utilizará recursos dixitais dentro do programa e-Dixgal.
Publicación de listaxes: 1 de xullo de 2019 A partires do día 1 de xullo e ata o 12 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro. As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria. PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( ALUMNADO DE 3º e 4º ) Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2019 As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 3 de xullo de 2019 (inclusive). Publicación das listaxes definitivas: 8 de xullo de 2019. Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar 2019-2020. |