Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
Start: 26/02/2019 19:54
Dende o día 1 ata o 20 de marzo de 2019 iníciase o período de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2019/2020
Alumnado ao que vai dirixido: - Alumnado de 4º de Educación Infantil (EI3 anos) - Alumnado procedente doutros centros
Procedemento: A solicitude (modelo ED550B) poderase recoller no colexio e entregar no prazo establecido (1-20 de marzo), xunto coa seguinte documentación: - Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo da idade do alumno - Certificado de inclusión no padrón municipal colectivo - Convenio regulador/ resolución xudicial de separación ou divorcio (se fora o caso) - Documento acreditativo de requisitos académicos (alumnado procedente doutro centro) - Documento xustificativo conforme o/a alumno/a presente unha discapacidade (se fora o caso)
Referencias lexislativas sobre admisión de alumnado: - Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) - Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro)
* As solicitudes tamén se poderán descargar nos ficheiros adxuntos, dende a aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e/ou presentándoo na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación (con certificado dixital ou chave 365). * No taboleiro do centro tamén se exporá o Artigo 13 da Orde do 12 de marzo de 2013, así como as Instruccións da Xefatura Territorial da Coruña e as da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos relativas ao proceso de admisión de alumnado para o curso 2019/2020. |