Eventos
Os días 22,27,28 e 29 de novembro levaranse a cabo no colexio varios obradoiros dirixidos ao alumnado de quinto e sexto para tratar diferentes aspectos relacionados coas habilidades sociais.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da asociación ASFEDRO
O MARTES 27 de novembro, desde as 9:30 ata as 14:30 horas, vaise celebrar no Colexio a votación para a elección de representantes de pais/nais/titores legais no Consello Escolar (renovación parcial).
Aspectos máis importantes:
- O dereito ó voto correspóndelle ao pai e á nai, ou, se é o caso, aos titores legais.
- O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que acreditará a súa personalidade mediante presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo da mesma, fará constar na súa papeleta un máximo de 2 nomes.
- As papeletas de votación facilitaranse no local electoral ( Salón de Actos).
Os días 22,27,28 e 29 de novembro levaranse a cabo no colexio varios obradoiros dirixidos ao alumnado de quinto e sexto para tratar diferentes aspectos relacionados coas habilidades sociais.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da asociación ASFEDRO
A Santiago de Pantín Surf School organiza o día 26 de novembro, en Cedeira, unha actividade na que os nenos e nenas de quinto e sexto poden practicar piragüismo e vela baixo a supervisión de monitores.
A hora de saída será ás 9:30 desde o colexio, e o regreso aproximadamente ás 13:30
Condicións para participar na actividade:
- Deben levar bañador ou pantalón corto (ou algo que non empape moito)
- Tamén necesitan roupa e calzado para cambiarse, xa que polo tipo de actividade é previsible que acaben mollados.
- Tamén deben levar un chuvasqueiro ou roupa de abrigo adecuada para a auga.
Aínda que utilizarán chalecos é imprescindible que saiban nadar.
Para saber máis:
https://galp.xunta.gal/es/a-marina-ortegal/actividades-de-vela-e-piraguismo-dentro-do-programa-xogando-na-auga
Vídeo: https://youtu.be/iv8t0D09vh8
Os días 22,27,28 e 29 de novembro levaranse a cabo no colexio varios obradoiros dirixidos ao alumnado de quinto e sexto para tratar diferentes aspectos relacionados coas habilidades sociais.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración da asociación ASFEDRO
Trasladamos á comunidade educativa do noso colexio o agradecemento de Cáritas polo excelente resultado da campaña de recollida de alimentos que levamos a cabo no centro desde o día 10 ata o 19 de decembro.
Moitas grazas a todas e todos por colaborar.
Xa está dispoñible o número de nadal do noso xornal "O Espigonciño" (e vai polo número 72!!!)
Ver o xornal en formato PDF (10Mb)
Polas características da obra non se permiten as modificacións.
Os alumnos e alumnas de Cuarto de Primaria desexanvos a todos un Feliz Nadal cantando "We wish you a Merry Christmas".