Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS NO CONSELLO ESCOLAR

25/11/2018 12:59
Europe/Madrid

O MARTES 27 de novembro,  desde as 9:30 ata as 14:30 horas, vaise celebrar no Colexio a votación para a elección de representantes de pais/nais/titores legais no Consello Escolar (renovación parcial). 

Aspectos máis importantes:

  • O dereito ó voto correspóndelle ao pai e á nai, ou, se é o caso, aos titores legais.
  • O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que acreditará a súa personalidade mediante presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo da mesma, fará constar na súa papeleta un máximo de 2 nomes.
  • As papeletas de votación facilitaranse no local electoral ( Salón de Actos).