Skip to Content

                                                  

PROGRAMA: "ALIMÉNTATE BEN"

Fonte da imaxe

 

Este ano, dende o colexio, participamos tamén no Programa "ALIMÉNTATE BEN". O programa consiste na distribución de froita fresca durante dúas semanas no curso.

Comezarase a semana do 13 de febreiro ao 19 de febreiro, e a froita será a seguinte:

 

LUNS: Plátano

MARTES: Amorodos

MÉRCORES: Clementina

XOVES: Mazá

VENRES: Pera

 

Durante esa semana, os nenos e nenas poderán merendar estas froitas no recreo, que serán repartidas polos mestres. Por tanto, non será necesario que se lles mande merenda.

No caso de traela, rogamos que sexa o máis saudable posible (lácteos, bocadillo,...); xa que estaremos na semana de alimentación saudable.

PROXECTO DEPORTIVO: "SUMA SAÚDE, ACTÍVATE"

Como xa todos sabedes pola circular que se vos mandou a casa, o noso centro foi seleccionado para participación nun Proxecto Deportivo ao que bautizamos como "SUMA SAÚDE, ACTÍVATE" que forma parte do Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable. Trátase de incrementar a actividade física en idade escolar, tanto no centro como fóra del, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e adoptando uns hábitos de vida máis astivos que se prolonguen ata a vellez.

Entre outras actividades, estamos a desenvolver os "RECREOS ACTIVOS" e participamos no programa "MÓVETE +", co fin de contribuir a acadar os 60 minutos diarios  de actividade física recomendados pola OMS (Organización Mundial da Saúde).

Ollade que ben o pasamos nos recreos ainda que chova:

 

DÍA DA PAZ

Celebramos o día da Paz, contruíndo o gran mural que podedes ver no inicio desta entrada e tamén como xa ven sendo habitual cun programa de radio en directo, no 102.0 con cancións, contos, poesías,...


Clicade na imaxe da radio para acceder ao programa 

 

 Ademais, no patio cuberto, cantamos todos xuntos a canción, What a Wonderful World! de Louis Armstrong. Proximamente subiremos o video da actuación.

XA TEMOS GAÑADOR DA CESTA!!!!

A rifa gañadora da cesta que sorteaban os nenos e nenas de terceiro e cuarto de Educación Primaria para sufragar os gastos da súa excursión á Granxa- Escola do Eo foi a número 513:

No Nadal, fixemos entrega da mesma en representación do afortunado gañador á representante da ANPA,  Ana, á que vemos posando coa cesta:

 

NORABOA!!!!!

FESTIVAL DE NADAL E COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias,

lembrámosvos que o vindeiro mércores día 21 de decembro, o centro educativo celebra o Festival de Nadal. Convidámosvos a participar con todos nós desta xornada festiva a partires das 10:30 horas.

O horario lectivo para o alumnado será de 10:00 a 13:00 horas. É importante que teñan en conta que os autobuses realizarán as rutas establecidas, pero recollerán ao alumnado unha hora máis tarde, voltando á casa unha hora antes.

Haberá servizo de comedor no horario habitual.

 

 

 

AGRADECEMENTO!!!!!

Dende o CEIP de Maciñeira, agradecemos a colaboración das familias que participaron de forma solidaria na recollida de xoguetes, alimentos e roupa organizada polo MOTO CLUB FOJETEIROS de Narón.

 

RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES

Lembrámosvos que ata o 12 de decembro, no centro, en colaboración co Moto Club Fojeteiros de Narón, recolleranse xoguetes para o Centro de Recursos solidarios do Concello e así poder facer felices aos nen@s máis necesitados. 

COMEDOR ESCOLAR

 

Lembrade que o vindeiro luns día 3 de outubro dará comezo o novo servizo de comedor escolar no centro.

IMPORTANTE!!!!!!!!!!!

- Lembramos ás familias que o último día para poder solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar; así como para a participación no fondo solidario de libros do colexio remata o vindeiro 23 de xuño de 2016

 

- É importante recordar que todo aquel alumnado que foi beneficiario das axudas e do fondo solidario do curso 2015/2016 ten a obrigatoriedade de facer a devolución dos libros como data límite o vindeiro 23 de xuño de 2016. A non devolución dos libros implica a exclusión tanto do fondo solidario como do resto das axudas.

Distribuir contido


by Dr. Radut