Skip to Content

                                                  

CONCURSO DE CABAZAS

Un ano máis celebramos no Centro o tradicional concurso de cabazas. Este ano, houbo cinco premios: dous para infantil (un para cada clase) e tres para primaria.
 
Estas foron as cabazas participantes:
 

 


Como podedes ver, todas as cabazas eran moi bonitas e orixinais, é por iso que a votación estivo moi reñida. Ao final as cinco cabazas gañadoras foron:


- A de Alba de E.I. 4 anos:



- A de Candela de E.I. 5 anos:




- A de Valeria de 2º de E.P.:




- A de Thais de 3º de E.P. :




- E a de Lucía de 6º de E.P.:




Aquí podedes ver ás cinco afortunadas gañadoras, posando diante das súas cabazas cos seus vales para cambiar por un libro en galego:



 
 
A nosa máis sinceira noraboa para as cinco e moitas grazas a todos os rapaces e rapazas, así como ás vosas familias pola participación no mesmo.
 
Cada neno e nena participante recibiu un marcapáxinas conmemorativo da súa participación no mesmo.
 
Este é o modelo para Infantil, 1º e 2º de E.P.:
 
 
E este o modelo para os cursos superiores:
 

DECORACIÓN DE SAMAÍN

Este ano, todas as clases do centro, decidiron decorar as súas portas. Ollade que bonitas quedaron:

 

 

 

 

GÚSTANVOS?

ODAIKO


O venres, 20 de outubro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, foron á Casa da Cultura para ver a actuación do grupo percusionista ODAIKO, "Invención".

Durante preto dunha hora, disfrutaron dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con caixóns, caixas chinesas, unha marimba, unha batería feita con cubos de plástico, tubos musicais, as mans, os pés, .... que os fixeron vibrar nos asentos.

Pasárono fenomenal.


Aquí vos deixamos un video promocional do grupo para que vexades que ben o fan e que divertidos son.

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO

 


O pasado xoves, cinco de outubro, as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto do cole, participaron programa: "Contamos e recollemos contos nados no camiño", posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar a coñecer o Camiño de Santiago aos escolares de toda a Comunidade e tamén convertilos en contadores daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, ou que existan nos concellos nos que viven. A actividade consistiu e percorrer a pé un tramo do Camiño Inglés representativo do fito Xacobeo, cercano á ubicación do noso centro.

O bus recolleunos no cole e deixounos preto do Albergue de Peregrinos. Dende alí, acompañados polo coñecido contador de historias Inacio Vilariño e de Mariola, percorreron o Camiño, primeiro ata a Igrexa de Santa María e despois, continuaron un pouquiño máis polo centro do pobo.

Durante a camiñata, fixeron varias paradas nas que Inacio cantou e contou divertidas historias e lendas á vez que lles falaba da importancia do coidado e da conservación das rutas xacobeas e do seu gran valor dende a fauna e a flora ata a toponimia.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes: 
 
CONTOS NADOS NO CAMIÑO by Slidely Slideshow

IMPORTANTE!!!!!!

Estimados pais/nais:

      Informamos dende a dirección do CEIP de Maciñeira que o venres 13 de outubro de 2017 é día non lectivo, aprobado por Xefatura Territorial, a petición do centro, polo que notificamos que ese día NON HABERÁ CLASE.

A DIRECCIÓN

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMEDOR

Fonte da imaxe

Lembrámosvos a todos que hoxe 2 de outubro da comezo as actividades extraescolares.

No seguinte cadro podedes ver as actividades, o horario e o espazo onde se desenvolverán:

 

Tamén da comezo hoxe o Comedor Escolar.

 No arquivo adxunto, podedes consultar o menú do primeiro trimestre.

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Imaxe de Leandro Lamas

 

Lembramos a todas as familias que o luns día 11, darán comezo as clases en horario de 9:00 a 14:00 agás os nenos e nenas de Educación Infantil 3 anos que teñen periodo de adaptación.

Todo o alumnado deberá traer os libros forrados e o material escolar. Aqueles aos que por fondo de libros corresponda o de inglés, deberán pasar por secretaría a firmar e recollelo.

 

MOI BO COMEZO PARA TOD@S!!!!!!

AS MACIOLIMPIADAS


Para rematar o proxecto sobre as Olimpiadas, celebramos no cole unhas ... MACIOLIMPIADAS ás que invitamos a todas as familias.

Cada clase, fixo unha exhibición do deporte que estivo a traballar co seu titor/a na aula e a practicar cos seus profes de Educación Física:

E.I. 3 anos:

E.I. 4 e 5 anos:

1º de E.P.

2º de E.P.

3º de E.P.

4º de E.P.

5º de E.P.

6º de E.P.


E como en todas Olimpiadas que se precien, non podía faltar o ACTO DE CLAUSURA que levaron a cabo os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria recollendo a CHAMA OLÍMPICA e o alumnado de 2º de Educación Primaria apagando o PEBETERO.


Para rematar, os nenos e nenas desde 3º a 6º de Educación Primaria, fixeron unha coreografía que practicaron co profe Fernando e a profe Carmen dentro do programa SUMA SAÚDE, ACTÍVATE:




Podedes ver todas as fotos dese día na Galería de Fotos da páxina web do cole.
 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmacineira/galeria/thumbnails.php?album=9

IMPORTANTE!!!!!!

Aquelas persoas que teñan que mercar o libro de inglés, tan só teñen que coller o libro de clase (Class book) , o libro de actividades (Activity book) non é necesario.

RECOLLIDA DE LIBROS E VALES

Estimadas familias:

Dende a dirección do centro infórmase que:

1. O día de recollida DOS VALES PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (ALUMNADO 1º, 2º de Educación Primaria), queda fixado para o VENRES, 7 DE XULLO DE 2017, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do colexio.

 

2. FONDO DE LIBROS (3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria)

- A listaxe provisional publicarase o día 3 XULLO DE 2017.

- A listaxe definitiva e o REPARTO DE LIBROS realizarase o DIA 7 de XULLO - Os VALES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º realizarase o DÍA 7.

- HORARIO: 10:00 a 13:00 horas.

 

3. O día de recollida da DOCUMENTACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, queda fixado para o XOVES, 6 DE XULLO DE 2017, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do colexio.

 

Neda, 20 de Xuño de 2017

 

Asdo.: A DIRECCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut