CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO
O pasado xoves, cinco de outubro, as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto do cole, participaron programa: "Contamos e recollemos contos nados no camiño", posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar a coñecer o Camiño de Santiago aos escolares de toda a Comunidade e tamén convertilos en contadores daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, ou que existan nos concellos nos que viven. A actividade consistiu e percorrer a pé un tramo do Camiño Inglés representativo do fito Xacobeo, cercano á ubicación do noso centro.
O bus recolleunos no cole e deixounos preto do Albergue de Peregrinos. Dende alí, acompañados polo coñecido contador de historias Inacio Vilariño e de Mariola, percorreron o Camiño, primeiro ata a Igrexa de Santa María e despois, continuaron un pouquiño máis polo centro do pobo.
Durante a camiñata, fixeron varias paradas nas que Inacio cantou e contou divertidas historias e lendas á vez que lles falaba da importancia do coidado e da conservación das rutas xacobeas e do seu gran valor dende a fauna e a flora ata a toponimia.