Skip to Content

                                                  

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!


Disfrutade dunhas merecidas vacacións de verán. E se queredes repasar xogando, deixámosvos estas actividades tanto para infantil como para primaria. Facede clic na imaxe para acceder.

 Vémonos o 12 de setembro.

O centro abrirá as súas portas o vindeiro 3 de setembro

FESTA FIN DE CURSO

O derradeiro día de clase, disfrutamos no centro dunha fantástica xornada de xogos organizada pola ANPA. 

Podedes ver máis fotos da xornada na galería de fotos:

 

FESTA FIN DE CURSO

PREMIO PARA O BLOGUE DE TERCEIRO CICLO

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria participaron na XII edición dos Premios Espiral Edublogs na categoria de Alumnos de Primaria que constrúen co seu blog; Terceiro Ciclo na Maciñeira (https://terceirociclomacineira.blogspot.com/), resultando gañadores do primeiro premio na súa categoría.

A entrega de premios tivo lugar en MediaLAB Prado en Madrid.

 Noraboa rapaces!

 

III CARREIRA ESCOLAR CONCELLO DE NEDA

O sábado pasado, celebrouse no noso centro, a III Carreira Escolar do Concello de Neda.

Na nosa galería de fotos poderedes atopar máis fotos desta xornada. Se algunha das familias non quere que o seu fill@ saia nas fotos, non dubide en poñerse en contacto connosco.

CARREIRA ESCOLAR 2018

MEDALLAS SHUTTERBALL

O mércores 20, tivo lugar a entrega de medallas aos tres primeiros clasificados da liga de shutterball (unha variante de bádminton) que se estivo a desenvolver no colexio dende terceiro ata sexto de educación primaria.

Despois dunha reñida competición, a clasificación quedou así:

- Primeiras clasificadas: Inés e Laura de 6º de E.P.

- Segundos clasificados: Martín e David, tamén de 6º de E.P.

- E terceiros clasificados: Miguel e Carmen de 5º de E.P.

OS NOSOS PARABÉNS PARA TOD@S!

FESTA DA AUGA

O mércores, recibimos de novo a visita do GES de Mugardos pero esta vez non para falarnos das avespas senón para facernos unha fantástica festa da auga.

Pasámolo fenomenal.

Podedes ver algunha foto máis, na galería:

FESTA DA AUGA 2018

CHOCOLATADA

O pasado martes día 19, disfrutamos no cole dunha gran chocolatada. Moitas grazas ás familias que colaboraron para que a actividade se puidese levar a cabo.

 

FESTA FIN DE CURSO

III CARREIRA ESCOLAR CONCELLO DE NEDA

INFORMACIÓN DE INTERESE

Distribuir contido


by Dr. Radut