Skip to Content

                                                  

NOVAS INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA

Para ler todo o artigo clicar no enlace de abaixo:

NOVAS INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA

EDUCLAN

RTVE muda a súa programación do canal CLAN TV para impartir contidos educativos para o alumnado de 6 a 12 anos, no seguinte horario:

Ademais lanza unha nova ferramenta  xunto co Ministerio de Educación e Formación Profesional coordinado con distintas editoriais educativas chamada EDUCLAN que conta con tres canais por idades, de 3 a 5 anos, de 6 a 8 anos e de 9 a 10 anos.

Os contidos están clasificados por distintas áreas: lengua, matemáticas, ciencias, artística, inglés... Preme na imaxe ou no seguinte enderezo (https://www.rtve.es/educlan) para acceder directamente:

TAREFAS ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O vindeiro luns 16 de marzo, poderase vir ao centro a recoller as tarefas do alumnado de primaria para as vindeiras dúas semanas no seguinte horario:

 

1º e 2º de Educación Primaria de 11:00 a 12:00

3º e 4º de Educación Primaria de 12:00 a 13:00

5º e 6º de Educación Primaria de 13:00 a 14:00

 

NOTA: Deberán vir a recollelo só adultos.

RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL

ÚLTIMAS NOVAS

Estimadas familias:

Este mediodía o presidente da Xunta de Galicia compareceu para anunciar as medidas que nesta Comunidade Autónoma se ían adoitar en relación ao coronavirus, entre as que están a SUSPENSIÓN de calquera actividade lectiva ou extraescolar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo (ainda que recomenda que de forma voluntaria e sempre que sexa posible, teña efectos xa dende mañá venres 13 de marzo).

Esta tarde remitirán, desde a Dirección Xeral, instruccións específicas aos centros educativos e mañá publicaránse no DOG as medidas adoitadas. 

Ditas instruccións as colgaremos na páxina web do centro xunto coa información pertinente para todas as familias.

 

Atte. A Dirección

CORONAVIRUS

Dende a dirección xeral de saúde publica da Consellería de Sanidade nos fan chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos

 

 

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE  EN RELACIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL DO NOVO CORONAVIRUS EN GALICIA (5-3-2020) en arquivo adxunto

FESTA DO ENTROIDO

O pasado venres 21, celebramos no cole a gran festa do Entroido. Pola nosa pasarela desfilaron:

- As cenorias de Educación Infantil:

 

 

- Os caracois de primeiro:

- Os lobos de segundo:

- Os avespóns de terceiro:

 

- Os mouchos de cuarto:

- Os ourizos de quinto:

 

- E os saltóns de sexto:

Podedes ver todas as fotos na nosa galería ou clicando no enlace de abaixo:

 

ENTROIDO 2020

 

 

 

 

MANDATOS DO MECO III

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Uns días antes os de Educación Infantil estiveron estampando as súas mans e os de Educación Primaria estiveron decorando unhas estrelas. Con todo este traballo, fixemos os dous murais que adornan a entrada do cole:

 

 
 
 


Despois fomos ao patio cuberto e alí todos xuntos cantamos e bailamos a canción: "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler y Jennifer López, unha fermosa canción que fala de igualdade.


 
Ollade que ben o fixemos:
 
 
Podedes ver máis fotos no seguinte enlace:
 
 
 
 

MANDATOS DO MECO II

E seguindo coas ordes do Meco, ídevos preparando porque para mañá mércores toca ...

Distribuir contido


by Dr. Radut