Skip to Content

                                                  

LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS

No arquivo adxunto podedes consultar a listaxe provisional do fondo de libros.  Tedes 48 horas para calquer tipo de reclamación.

Lembrade que o vindeiro venres 5 de xullo farase entrega dos libros correspondentes a cada neno/a.

NOTA: Nalgúns cursos hai excedentes de libros polo que sería recomendable que non os encargásedes ata despois do reparto.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

Nota informativa do horario de transporte do venres 24 pola tarde:

Programa do Festival:

ESPERÁMOSVOS!!!!!

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

LISTAXE DE ADMITIDOS CURSO 2019/2020

ENTREVISTA A LEANDRO LAMAS


Os nenos e nenas de sexto de primario entrevistaron  LEANDRO LAMAS, pintor recoñecido da zona e polas tardes, profesor de debuxo no noso centro.

Entre todos prepararon as preguntas que Alba, Sheila, yago, Karla e Aitana encargáronse de facerlle en nome de todos. Tamén contaron coa axuda de Enma que fixo que reporteira gráfica.

 

 


Esta é a súa entrevista :

SEMANA DA MULLER TRABALLADORA

No mes de marzo, tivemos varias actividades para celebrar o Día da Muller.

 

 

Desde o Equipo de Normalización Lingüística e a área de Educación Física, se nos propuxo para a semana do 8 de marzo,pescudar información sobre mulleres galegas que destacaron nalgún deporte e con ela escribir a súa biografía, facer un collage de fotos, un debuxo ... para colocar polas ventás do noso ximnasio.

Este é o traballo que fixeron na clase de sexto:

 
 
Tamén recibimos a visita de Judith Barbosa unha boxeadora e tamén militar que foi  tres veces  Campiona de España Absoluta e en ocasións compoñente da Selección Española.
 
 

Judith, falounos da súa traxectoria neste deporte.Contounos que empezou no boxeo con tan só 13 anos pero que non puido competir ata os 16 porque non había ningunha chica coa que poder boxear. Tamén das horas que adica a entrenar, de como entrena, amosounos a súa arte saltando a corda e  o  equipamento que utiliza para boxear: casco, protetor de dentes, guantes, ... Cando lle preguntaron que se necesita para ser boxeadora só dixo dúas palabras: AUTOCONTROL  e DISCIPLINA.


Quedámonos cunha frase que dixo cando se despediu:" AS CHICAS NON SOMOS NIN MENOS NIN MÁIS QUE OS CHICOS, SIMPLEMENTE SOMOS IGUAIS"

 
 
 Uns días máis tarde, recibimos a visita de Carmen Martínez Caaveiro unha gran atleta e ademais nai de Xandro, o noso compañeiro de Educación Infantil tres anos.


Carmen (11-1-1984) , ademais doutros títulos, foi campiona galega en salto de lonxitude e triple salto na categoría sub-18, subcampiona de España Junior, bronce no campionato de España Xuvenil  triple salto, campiona no campionato de España Xuvenil salto de lonxitude e récord galego xuvenil tanto en triple salto como en lonxitude.

Primeiro, no ximnasio,  falounos da súa andaina no mundo do atletismo e constestou ás nosas preguntas.


A continuación, fóra, fixemos con ela un pouco de quecemento:

 

E xa para rematar, ensinounos a facer salto de lonxitude. Primeiro amosounos o ben que o fai ela e despois probamos nós:

 

DESFILE ENTROIDO

O venres celebramos o xa tradicional desfile de Entroido. Este ano, como o tema era ARTE, todas as clases do centro foron disfrazadas dunha obra de arte ou de pintores.


OS PINTORES DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

OS XIRASOIS E VAN GOGH

AS OBRAS DE MIRÓ

FRIDA KAHLO E OS MONOS

AS BAILARINAS DE DEGAS E TRABALLADORES DO MUSEO

AS MENINAS E VELÁZQUEZ

OS RELOXOS BRANDOS E DALÍ

Despois do desfile degustamos ricas orellas e rosquillas feitas pola ANPA e a continuación queimamos o Meco:

Podedes ver máis fotos da xornada na nosa Galería de fotos:

ENTROIDO 2019

MANDATOS DO MECO III

MANDATOS DO MECO II

COMEZAN OS MANDATOS DO MECO

Hoxe levamos unha gran sorpresa cando chegamos ao colexio. Na entrada do mesmo estaba o MECO que este ano é nin máis nin menos que Leandro Lamas e todo un museo de obras de arte:

 

 

A primeira hora "Leandro" e Velázquez pasaron polas clases para dicirnos que temos que levar mañá:

E isto é o que temos que traer:

 

Así que xa sabedes, mañá hai que traer a cabeza moi adornada!!!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut