Skip to Content

                                                  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

MARCHA CICLISTA 2018

 

O pasado venres, todos os alumnos e alumnas do CEIP de Maciñeira que quixeron, dende Educación Infantil a Educación Primaria, participaron na undécima Marcha Ciclista organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Policia Local, Protección Civil e o Speis (Extinción de incendios e salvamento de Narón) con meta no paseo de Xuvia. Foron máis de 1200 escolares de todos os centros educativos do concello de Narón, usuarios da asociación Nuestra Señora de Chamorro e por suposto tamén o noso.

O único malo da xornada foi o tempo, xa que lles choveu case todo o tempo e tiveron que virse antes sen poder ver a exhibición a cargo da Unidade Canina do Tercio Norte de Infantería de Mariña que comezaba pasadas as doce do mediodía.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:

 
Coma sempre na galería de imaxes podedes descargar as fotos da xornada:
 

APADRIÑAMENTO LECTOR

Por mor do día do libro, esta semana, o martes e o xoves. os nen@s máis maiores léronlle contos aos máis pequenos no porche do colexio aproveitando os bos días que viñeron.

Na nosa galería de fotos, podedes ver esta e máis fotos da actividade:

APADRIÑAMENTO LECTOR

STEAMLAB GALICIA


O pasado venres, os nenos e nenas de 5º e 6º do colexio, foron ao Palacio de Congresos de Santiago para asistir á Feira educativa STEAMlab Galicia,  a maior de Galicia adicada a ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.

Alí puideron ver o traballo de 18 centros como o de CPI Atios (Valdoviño), o CIFP Ferroltera (Ferrol), o IES de Breamo (Pontedeume), o CEIP Ponte de Brozos (Arteixo), ... con robots, drones, prácticas 3D, programación, clubs de ciencia ou iniciativas vinculadas co espazo, entre outras. E tamen escoitar nin máis nin menos que a PEDRO DUQUE, o enxeñeiro aeronaútico e astronauta español da Axencia Espacial Europea (ESA) que foi o encargado de inaugurala.

 

Durante a súa intervención, Pedro Duque, comentou un video da súa viaxe á estación espacial internacional e explicounos como cambiaron as cousas dende que el era pequeno afirmando que hoxe en día calquera sexa neno ou nena pode chegar a ser o que se propoña.


Tamén interveu o presidente da Xunta, Núñez Feijoo facendo referencia a un chío de Pedro Duque en Twitter no que contestaba a unha nai que preguntaba que tiña que facer a súa filla para ser astronauta. Falou de que é necesario facer unha carreira de ciencias, ser bo compañeiro, traballar en equipo, levar unha vida saudable e aprender idiomas.

Podedes ver e descargar algunhas fotos da xornada na galería de fotos:

STEAMlab Galicia

DÍA DO LIBRO 2018

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO

Fai clic co botón dereito do rato para ver a imaxe a maior tamaño

 

E CANDO CHOVE, QUE FACEMOS NO RECREO?

SEMANA DA PRENSA

 
 
 
A semana pasada foi a Semana da Prensa en Galicia. Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, propúxose facer unha edición especial do xornal Macinovas sobre os Seres Mitolóxicos Galegos. 
Todas as noticias están expostas no taboleiro da entrada para que as poida ler quen queira.

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR


O venres, os alumnos de 5º e 6º de E.P. tiveron a segunda charla do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. O tema desta nova charla foi: "O ACOSO ESCOLAR" tamén coñecido como BULLYING.

Aprenderon que é tan culpable o acosador como o que está de espectador e non fai nada para frear o acoso informando a un adulto e tamén que nunca se debe responder a unha situación de acoso con violencia, unha porque se pode magnificar a situación e non solucionaríamos nada e outra, porque nos poñeriamos ao mesmo nivel que o acosador.

Viron estes dous videos:




Aquí tedes outros videos para falar do acoso en Educación Primaria:
 

Distribuir contido


by Dr. Radut