Skip to Content

                                                  

RECREOS ALTERNATIVOS

 

 Dende hai xa uns meses, no centro, os martes e os xoves, os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, abren o kiosko de xogos e reparten distinto material: aros, balóns de baloncesto, pelotas inchables, zancos, cordas,....

 

 

DÍA DE ROSALÍA

No centro estivemos a traballar a figura dunha gran poetisa da nosa terra. Rosalía de Castro.

Coñecimos a súa biografía, debuxamos o seu retrato, escribimos os seus poemas,...

 

Despois, seguindo a proposta dos Asociación de Escritores en Lingua Galega, penduramos das portas e dos cristales do colexio, a nosas imaxes de Rosalía.

 


Na clase de quinto, gravaron o poema "Un desengaño"e conseguiron que a propia Rosalía o recitase:

CELEBRAMOS O ENTROIDO

 

O venres pasado, celebramos a festa do Entroido no centro. Polo noso bosque máxico, desfilaron ...

Os trasnos de Educación Infantil:

Os alicornios de 1º:

 

Os mouros e as fadas de 2º:

 

Os druídas, xacias e Neptunos do Belelle de 3º:

 

Os meigos e meigas de 4º:

 

Os demos de 5º:


 

E os sacaúntos (homes do saco) de 6º:

 

Despois do desfile, cada clase recibiu este diploma pola súa participación no mesmo e a continuación, gracias á ANPA, degustamos saborosas rosquillas e orellas:

 

 Podedes ver máis fotos da festividade, na nosa galería ou facendo clic no enlace de abaixo:

ENTROIDO

GRAN FESTA DO ENTROIDO!!!!!

ENTROIDO: ORDES DO MECO DÍA 4

ENTROIDO: ORDES DO MECO DÍA 3

ENTROIDO:ÓRDENES DO MECO DÍA 2

ENTROIDO: ÓRDENES DO MECO DÍA 1

DÍA DA PAZ

o pasado 31 de xaneiro, celebramos no centro o día da Paz. Ao longo da semana anterior, cada clase elaborou conxuntamente unha botella cunha mensaxe de paz e un peixe grande ou varios pequenos e despois individualmente, cada neno e nena, autorretratouse utilizando para pintar a súa pel "As cores da pel" ou as cartolinas de Ubuntuland. Con todos estes elementos, creamos este fantástico mural:

 

Sobre as dez e media, tivo lugar a emisión do programa de radio presentado por Martín e Antía de 6º de Educación Primaria, no que cada clase aportou os seus desexos de paz a través de cancións, poemas, lendas, ...

 

 

Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:

 

 

Despois do recreo, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras:

 

 

 

A continuación, aproveitando o bo tempo, no patio de fóra xogamos a uns divertidos XOGOS COOPERATIVOS organizados polos nenos e nenas de 6º de EP e Bea, a profesora de Educación Física:

 

 

 

Coma sempre, podedes ver máis fotos do día, na nosa galería de imaxes:

 

DÍA DA PAZ 2018

CINE E SAÚDE

Un ano máis, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, participan no programa CINE e SAÚDE, promovido pola Consellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene en colaboración co Concello de Neda. 

Trátase dun programa de ámbito escolar, de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e comportamentais a través dos medios audiovisuais e as TIC.

O programa consta da proxección de 3 películas (unha cada trimestre), a realización das correspondentes unidades didácticas (compostas dun manual para o profesorado e un caderno para o alumnado), actividades complementarias en internet e a posibilidade de facer un curso de formación optativo para o profesorado online.

Como eles mesmos din, é importante saber que a proxección das películas non é un fin en si mesmo, senón un medio para traballar as unidades didácticas.

A primeira película que se visionou foi: "EL CORO". Este é o trailer oficial da película:

 

Estiveron todos moi atentos tanto á presentación do programa como á proxección da película:

Distribuir contido


by Dr. Radut