Skip to Content

                                                  

ORGANIGRAMA

Na seguinte imaxe podedes ver quen forma parte do Equipo Directivo, así como os titores/as dos distintos cursos e os mestres/as especialistas, para este curso 2024/25:

 Se facedes clic co botón dereito e abrides a imaxe nunha nova ventá a poderedes ver a maior tamaño. 

PROCEDEMENTO RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN CURSO 2024/2025

NORMATIVA

 

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas la Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG. 1 de febreiro de 2017)

 

  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG. 13 de marzo de 2013).

 

Aberto o prazo para o alumnado que pretenda continuar os estudos no centro de adscrición (alumnado 6º de educación primaria), a efectos de reserva de praza neste. Deberá presentar o modelo normalizado (Anexo I) na secretaría do centro. O prazo de presentación abrangue dende o 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2024.

AnexoI e Anexo I bis

 

Procedemento de admisión alumnado curso 2024/25 O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

Anexo II (en galego)

Anexo III (en castelán)

 

CARREIRA ESCOLAR

 O concello de Neda organiza un ano máis a carreira escolar. Nela poderán participar os nenos e nenas do colexio a partir dos 4 anos.

O noso centro colabora coa axuda do profesorado de Educación Física e a ANPA. Acudide ao colexio a animar aos participantes e disfrutade do deporte no noso entorno inigualable.

ESPERÁMOSVOS!!!!!

cartel informativo carreira escolar

E así foi a xornada:

 

Máis adiante subiremos o resto das fotos á páxina. Dende aquí queremos agradecer tanto a participación como a  colaboración na mesma a pesar do pouco tempo que houbo para preparala e como non felicitar aos gañadores.

NORABOA RAPACES E RAPAZAS!!!!!!

9ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR

Hoxe participamos xunto con outros coles do concello de Narón como A Solaina, A Gándara, O Virxe do Mar,... na 9ª marcha ciclista escolar organizada polo equipo de educación viaria.

Aquí tedes algunha foto da saída para ir abrindo boca. Proximamente subiremos o resto das fotos á galería da páxina web.

      

      

IMPORTANTE!!!!!!!

O día 14 de xuño ás 16:00h,  terá lugar unha reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) de nova incorporación para o vindeiro curso 2016/17.

A partir deste día, haberá xornada de portas abertas para este alumnado durante o recreo (de 11:30h a 12:00h).

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDO SOLIDARIO

A dirección do CEIP de Maciñeira infórmalles que está aberto o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e solicitar axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros docentes sostidos con fondos públicos, no curso 2019/2020, segundo a Orde do 3 de maio de 2019(DOG. 20 de maio de 2019).

- Fondo solidario: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º e 3º da ESO.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, en 2º e 4º da ESO e Educación Especial.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial.

As instancias axustaranse ao Anexo I, que está a disposición de quen o solicite na secretaría do centro. Dende dita secretaría facilitaráselle aos alumnos que cursen Educación Primaria para o curso académico 2019/2020 o impreso de solicitude.

O prazo de presentación das instancias remata o 21 de xuño de 2019.

NOVIDADES CON RESPECTO Á ANTERIOR CONVOCATORIA

Presentarase unha ÚNICA SOLICITUDE por familia, independentemente do número de fillos/as matriculados/as no centro e para os que se solicite a axuda.

 

 

 

HORARIO DO EQUIPO DIRECTIVO

LISTAXE ADMITIDOS CURSO 2016/17

4º Educación Infantil

 

Apelidos e Nome
1  López Martínez, Anja
2 Lorenzo López, Lucía
3 Martínez Monteagudo, Sabela
4 Martínez Pérez, Izan
5 Montero Canosa, Sergio
6 Redondo Burgos, Yanira
7 Rodríguez Castro, Edgar
8 Verdú Novo, Lucía
9 Vilela villar, Alba
10 Bouza Dopico, Abril
11 Díaz Martínez, Daniela
12 Faraldo Fraguela, Isaac
13 Graña vilela, Unai

 

5º Educación Infantil

 

Apelidos e Nome
1 Novo Hermida, Lola
2 Abeledo França, Isabela Montserrat

 

 

 

 

COLEXIO MACIÑEIRA

COLEXIO MACIÑEIRA
Distribuir contido


by Dr. Radut