Skip to Content

                                                  

XORNADAS INTERCENTROS

Antes das vacacións de Semana Santa, recibimos no cole, a visita dos nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan de Narón. Con eles, disfrutamos dunha mañá moi deportiva organizada polo profe de Educación Física, Fernando, na que xogamos ao brilé, ao pilla pilla ,... Pasámolo moi ben.

Próximamente subiremos as fotos á galería pero para ir abrindo boca, aquí vos deixamos algunha:

IMOS SAÍR NA TVG!

O pasado venres, a produtora Pórtico, responsable do programa "Grandes Lugares", da Televisión de Galicia, gravou no noso cole un dos seus episodios sobre a Mourela e a figura de Leandro Lamas, pintor moi coñecido da zona que ademais é o mestre da actividade extraescolar de pintura e debuxo no noso centro.

 

Aquí podedes ver algúns momentos da gravación que tivo lugar na aula de 4º de Educación Primaria:

 

Dentro de dous meses máis ou menos, sairá a gravación na TVG. Xa vos avisaremos.

FESTIVAL DE ENTROIDO

O venres pasado celebramos o festival do Entroido. Pola pasarela do noso patio cuberto, desfilaron:

- As antorchas de Educación Infantil

 

- Os lanzadores de peso de 1º de E.P.

 

- Os nadador@s de 2º de E.P.

 

- Os boxeador@s de 3º de E.P.

 

- Os xogadores de esgrima de 4º de E.P.

 

- As medallas, medallistas e xuíces de 5º de E.P.

 

- E os de halterofilia e outros deportes de 6º de E.P.

 E por suposto non podía faltar a nosa mascota Geruso:

Despois do desfile, degustamos unhas riquísimas orellas e rosquillas que unha vez máis nos trouxo a ANPA:

E para finalizar queimamos o precioso MECO da "Patrulla canina":

 

No botón da galería de fotos que hai arriba de todo, ou clicando no enlace de abaixo, poderedes ver moitas máis fotos da celebración. Si clicamos enriba de cada imaxe, verase a maior tamaño.

 

FOTOS DO ENTROIDO

CESTA ENTROIDO ANPA

Xa temos gañador da cesta de Entroido que sorteaba o ANPA:

 

NORABOA AO AFORTUNADO GAÑADOR!

FESTA DO ENTROIDO

ÓRDENES DO MECO DÍA 3

ÓRDENES DO MECO DÍA 2

ÓRDENES DO MECO DÍA 1

ENTROIDO 2017

Presentámosvos ao noso MECO deste ano: A PATRULLA CANINA (feito unha vez máis polas mamás e papás tan traballador@s que temos na ANPA) ,que nos vai a acompañar nas MACIOLIMPIADAS, que é a temática elexida este ano para o noso disfrace.

 O luns, o MECO pasará por todas as clases para dicirnos cales serán as súas ORDES para o martes, o mércores, o xoves e o venres.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2017/18

 

NORMATIVA

 

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas la Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG. 1 de febreiro de 2017)

 

  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG. 13 de marzo de 2013).

 

Aberto o prazo para o alumnado que pretenda continuar os estudos no centro de adscrición (alumnado 6º de educación primaria), a efectos de reserva de praza neste. Deberá presentar o modelo normalizado (Anexo I) na secretaría do centro. O prazo de presentación abrangue dende o 1 ó 15 de febreiro de 2017.

AnexoI 

 

Procedemento de admisión alumnado curso 2017/18 O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 ó 20 de marzo, ambos inclusive.

Anexo II 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut