Esta semana o noso colexio convertiuse nun gran museo con obras tan marabillosas como As Meninas e A Rendición de Breda de Velázquez, Os fusilamentos do 3 de maio e A familia de Carlos IV de Goya, A Gioconda de Leonardo da Vinci, O cabaleiro da man no peito de O Greco e O grito de Munch. E todo isto grazas a Eva Somolinos, cofundadora do proxecto AcercArte, un fermoso proxecto que nos achega a arte a través da música. Non dubidedes en visitar a páxina web do proxecto para atopar máis información.
AcercArte
Durante toda a mañá do luns, Eva presentou a exposición(que estará toda esta semana no noso centro) a todos os nenos e nenas do cole e tamén explicou bastantes cousiñas sobre os cadros que non sabiamos. Á inauguración asistiu o Alcalde de Neda e tamén a Conselleira de Educación e a de Cultura.
Deixásmovos algunhas das fotos da mañá: