Skip to Content

                                                  

INTERCAMBIO POSTAL

A semana pasada recibimos unha agradable sorpresa. Era un correo da guardería A galiña azul de Narón onde nos propoxían facer un intercambio postal dos nenos e nenas de infantil co seu alumnado. 

Por suposto que aceptamos. Así que hoxe, o alumnado de quinto e sexto de primaria fixo de axudantes de Papá Noel e axudaron aos máis pequerrechos do cole a facer a súa tarxeta navideña.

 Podedes ver todas as fotos premendo na seguinte ligazón:

INTERCAMBIO POSTAL GALIÑA AZUL

Que vos parecen? A que son unha preciosidade?

Listas para o envío:

O AXUDANTE DE PAPÁ NOEL

 

 

Onte, grazas á ANPA, puidemos disfrutar no cole do espectáculo "O axudante de Papá Noel" de Moc Moc espectáculos.

Durante preto dunha hora, todo o cole, disfrutamos dunha sesión de contacontos, malabares, acrobacias,... coa que non só nos rimos un montón senón na que tamén aprendimos a importancia e o beneficio de compartir cos demais.

Podedes ver todas as imaxes  na galería ou premendo no seguinte enlace:

O AXUDANTE DE PAPÁ NOEL

 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro ao longo destas semanas estamos a traballar sobre este tema.

Na clase de música, aprendimos esta canción de Rozalén, A porta violeta, en linguaxe de signos ...

  

Que cantaremos todos xuntos o venres e  tamén fixemos ás nosas portas violeta que colocaremos  neste mural (tan pronto estea rematado subiremos algunha fotiña)

 Ademais, participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña. Coa visualización destes videos de presentación:

- Para infantil e primeiro ciclo:

 - E estoutro para segundo e terceiro ciclo de primaria:

 

A gravación dun video cos nenos e nenas de quinto e sexto de primaria e o resto de centros que participan no encontro:

E un acto simbólico no que cada neno e nena terá un folleto que levará a imaxe de dous móbiles unidos por unha cadea que deberán romper e tirar unha parte nun cubo a modo de papeleira como símbolo de ROMPER A CADEA DA VIOLENCIA DE XÉNERO DIXITAL. Todos estes cubos formarán parte dunha gran exposición: 

"ROMPE A CADEA DA VIOLENCIA DE XÉNERO DIXITAL"

SAMAGOSTÍN

O pasado 28 de outubro, celebramos no centro a festa do SAMAGOSTÍN unha mestura entre o Samaín e o Magosto.

Fixemos unha exposición de cabazas:

Xogamos a xogos terroríficos no patio cuberto:


A ANPA organizounos un obradoiro de chapas, calcamonías e experimentos:

E para rematar comimos ricas castañas asadas e boliños preñados cortesía tamén da ANPA:

Podedes ver todas as fotos da xornada, na nosa galería ou premendo na seguinte ligazón:

SAMAGOSTÍN 2022

CALENDARIO ESCOLAR

CURSO 2022 - 2023

Lembrade que as clases comezan o 9 de setembro por ser o  día 8 festa local no Concello de Neda.

MARCHA CICLISTA

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou este venres na tradicional Marcha Ciclista Escolar que organiza o Concello de Narón.

Os nenos e nenas xunto con tres mestres/as marcharon ata o paseo de Xubia onde se reuniron con todos os colexios participantes. Unha vez alí, entregoúselles auga e un bocadillo e disfrutaron de xogos e tempo libre. Incluso puideron ver un helícoptero da DXT.

Podedes ver todas as fotos da xornada na Galería ou premendo na seguinte ligazón:

MARCHA CICLISTA 2022

EXCURSIÓN A MADRID

Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria acompañados do profe Felipe e da profe Mónica, parten rumbo a Madrid. Espéranlles catro días inolvidables con arborismo na Serra do Guadarrama, o parque da Warner, o musical de O Rei León, o Parque Europa e unha visita a Segovia.

DISFRUTADE MOITÍSMO DA VOSA VIAXE!!!!!!!

Na Galería hai un álbum no que iremos subindo todas as fotiños que nos vaian chegando dende Madrid.

EXCURSIÓN A MADRID

RECOLLIDA DE MATERIAL PARA UCRAÍNA

O centro participou na recollida de material para o pobo ucraniano organizado pola Asociación Galega de axuda a Ucraína.

Ata o 30 de marzo,  moitas familias contribuíron traendo ao colexio alimentos, roupa, produtos para botiquíns de primeiros auxilios e outros materiais como mochilas, mantas, sacos de durmir,...

 

Ollade canto recaudamos entre todos/as:


Onte pola mañá viñeron a buscar as caixas e ... as nosas donacións xa viaxan rumbo a Ucraína.

 

 MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN

FESTA DO ENTROIDO

E despois de toda a semana seguindo os Mandatos do Meco, o venres fomos ao cole con todo o noso disfrace de pirata.

Cada aula fixo unha festa con música, baile, películas, merenda,... iso si, cumprindo sempre todas as medidas COVID.

Aquí vos deixamos algunha fotiño para que veñades que guapísimos/as iamos:

 

 

E AGORA, A DISFRUTAR DO ENTROIDO!!!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut