Quen pode reservar praza?
O alumnado de 6º de EP que teña previsto matricularse no IES Fernando Esquío no vindeiro curso 2022/2023 en 1º ESO.
Prazos
Do 11 de Xaneiro ata o 8 de Febreiro.
Documentación a presentar
Anexo I (en galego ou en castelán) . O titor entregará aos alumnos e alumnas unha copia do mesmo. Tamén pode descargarse nos seguintes enlaces:
Anexo I (Galego)
Anexo I (Castelán)
ou cubrirse de forma electrónica a través da aplicación Admisión alumnado ( www.edu.xunta.es/admisionalumnado) , no menú:
Solicitudes - Reserva - crear
Lugar de presentación da solicitude
Opción 1: Entregar a solicitude debidamente cuberta e asinada, de xeito presencial no centro ao seu titor.
Opción 2: Presentar a solicitude pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou na web de admisión de alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
IMPORTANTE!!!
Se non se desexa reservar praza no IES adscrito, NON se deberá cubrir a solicitude. Terán que facer a solicitude de admisión no outro centro no mes de marzo no prazo establecido para dito trámite.