PROXECTO DEPORTIVO: "SUMA SAÚDE, ACTÍVATE"
Como xa todos sabedes pola circular que se vos mandou a casa, o noso centro foi seleccionado para participación nun Proxecto Deportivo ao que bautizamos como "SUMA SAÚDE, ACTÍVATE" que forma parte do Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable. Trátase de incrementar a actividade física en idade escolar, tanto no centro como fóra del, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e adoptando uns hábitos de vida máis astivos que se prolonguen ata a vellez.
Entre outras actividades, estamos a desenvolver os "RECREOS ACTIVOS" e participamos no programa "MÓVETE +", co fin de contribuir a acadar os 60 minutos diarios de actividade física recomendados pola OMS (Organización Mundial da Saúde).
Ollade que ben o pasamos nos recreos ainda que chova: