Este ano haberá moita arte...

Din que o Martes: non te cases nin te embarques nin o porquiño mates.

Ola ola caracola...

Unha vez que acertedes as adiviñas que aparecen enriba de seguro que adivinaredes tamén que hoxe temos galego, matemáticas e inglés e ademais , cando rematedes os traballos das clases , podedes participar nas actividades que vos propoñemos no Departamento de Orientación. Están chegando moitos correos de todos e todas respostando ás mesmas e logo facemos cousas como as que podedes ver a continuación : Unha cadea de trabalinguas...!!! A que quedou guay ? Pois veña seguide enviando que haberá moitas mais sorpresas.

Ata mañán.

A polo luns...!!!

 

 

Ola ola caracola!!! 

Pos si xa empeza a semana e seguimos na casa aínda que agora xa podemos sair todos un anaquiño para correr e saltar .

Hoxe toca Música, a ver que nos manda a profe Dolores, de seguro que resulta divertido. Tamén temos Mate e Lengua Castellans asi que xa sabedes, a traballar moito para que @s profes vexan que isto de estudar na casa cada vez se vos da millor , enviade o que fixéchedes e si non entendedes algo, xa sabedes... a preguntar.

Cando rematedes está xenial navegar pola web do cole, case que sempre pedimos que participedes en algunha actividade e despois aparecedes por aquí. Hoxe temos a Álvaro de 1º B que enviou unhas fotos chulísimas dos "maios " que fixo na casa ca axuda dos seus pais.

Grazas Álvaro!!! encántannos...e tamén que nos escribas, nos tamén temos ganas de verte, bueno a todos e todas que, de seguro xa medrachédes un bo cacho. Bueno xa queda menos e de momento,  contactamos por aquí. Ata mañán!!!

 

Ola ola caracola...

Bo día familias!!! para as que xa están e, para todas aquelas que queren formar parte da nosa comunidade educativa e, nestes momentos están pendentes das instruccións do proceso de matrícula para o curso que ven. 

A estas últimas dicirlles que as tarefas administrativas seguen paradas. Seguramente nestes días irán dicindo algo pero de momento... En calquera caso como xa dicimos a todos @s que chaman ao centro ou envían mails, cando saia algo informarémos nesta web asi que tranquil@s .

Lembrade, o teléfono do cole que está operativo nestes días é:  676727505.

 

Agora xa, como a cousa iba de Maio. Loli a titora de 5º e coordinadora de normalización linguística recórdanos:

Ahí ven o maio...

de frores cuberto...

puxéronse á porta...

cantándome os nenos!!!

Hoxe comeza o mes de maio, mes da Letras Galegas. 

No 1 de maio celébrase en moitos lugares a Festa dos Maios. En épocas remotas, os galegos e galegas celebraban a chegada da primavera e o remate do inverno e propiciabn deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos Maios constrúense figuras con elementos naturais : musgo, flores silvestres, ovos, paus... e cántase arredor delas coplas e cancións satíricas con feitos ou persoaxes da actualidade. Si queredes recabar información ou vos animades a celebrar os "maios na casa" enviade fotos  a:  orientaseoane@gmail.com

E ,para disfrutalo mais se cabe, esta preciosa versión de Emilio Batallan sobre un poema de Curros Enriquez..

 

 

O xoves que é venres...

 

Ola ola caracola...!!!

Siii hoxe é xoves pero mañán é festa, dia do traballador asi que coma si fose venres.

Hoxe toca inglés, mate e soci ou natu  , a traballar arreo para poder despois facer outras cousas como por exemplo participar nesta actividade dos "trabalinguas" que están organizando no depatamento de orientación e que tan boa resposta está tendo. Empezamos @s profes e xa temos un montón dos que ides mandando . Lembrade que podedes enviar os vosos videos ata o sábado e logo montarémolos todos. Vai quedar chulísimo e, para que o vaiades vendo...

 

 

O mércores xa esta aquí...

Ola ola caracola...

De seguro que xa moitos e moitas estades no novo cole que temos, un cole virtual. Hoxe toca mates, lengua e educación física. Asi  que, a traballar moito, e enviarllo aos profes para que podan ver todo o que facedes.

 

 

 

 

 

 

Tamén hai outras actividades que podedes facer cando rematedes .

Grazas a Mateo, Mauro, Inés, Chloe, Sarah, Daniela... por enviarnos o seu trabalinguas, esta guay. Estade atentos que haberá mais "retos".

A navegar pola web do cole para atopar cousas divertidas e, non esquezades, tamén a sair a pasear, respirar , mirar , correr e xogar.

Que pasedes un bo día!!!

 

A polo martes!!!

Ola ola caracola... 

Parece que hoxe teremos un precioso día con sol e tamén poderemos sair a correr e xogar asi que...estupendo pero, non hai que esquecer que tamén hai que traballar para ter unha terceira avaliación que vaia "rodada" . Hoxe toca lingua,  mate e  inglés. E,  a mandarlle todo aos profes para que vaian vendo canto traballades .  e o ben que o facedes.

Feliz día!!!

 

 

 

 

 

 

 

Cómo foi o domingo?

Ola ola caracola...

Xa é luns e xa estamos de volta. De seguro que onte gustouvos moito sair á rúa e que o fixéchedes seguindo todas as normas que nos deron: ir so cun adulto, levar un xoguete, pasear pola rúa, polo campo, pola praia , gardar a distancia social, saudar ca man aos amigos que atopamos... Todo isto é un pouco rollo pero @s que saben de virus dinnos que esas medidas son imprescindibles para que todo volte a ser coma sempre .

E xa dixen é luns e ... por iso voltamos ao COLE VIRTUAL e hoxe para facer na casa toca Lengua, Mate e Música asi que a traballar e a mandarlle @s profes o que ides facendo para que saiban que tamén dende a casiña seguimos xuntos.

Logo poderedes voltar a sair outra hora con "sentidiño" e se queda tempo adxuntamos uns xogos mentais para facer ca familia que  de seguro vos axudaran a pasar un tempo divertido . Para poder velos tedes que clicar no título desta noticia que está enrriba de todo : ¿cómo foi o domingo? . E, para os mais peques,  un conto.

Ata mañán...imos falando!!!

 

 

Tod@s á rúa... con sentidiño

 

 

Ola ola caracola...       

 
Bueno querid@s, o momento tan esperado xa chegou pero amodiño que isto e “gordo”.
 
A partir de mañán domingo @s máis pequen@s poderán saír unha hora desde as nove da mañá ás nove da noite e poderán camiñar, correr e levar os seus xoguetes, pero non ir aos parques infantís.
 
Parece que hai consensuadas unhas instruccións, recoméndase o uso de máscaras para maiores de 3 anos, lavarse as mans ao saír e ao chegar e manter a distancia social entre 1 e 2 metros.
Pero ...como explicamos estas regras do xogo aos nenos e nenas? O xeito de facelo e preparalos é moi importante, din os expertos, e así evitaremos que o tan esperado momento de diversión se convirta  nun momento de tensión e desacougo.

 

Cando se trata de concienciar aos nenos do que poden e non poden facer, @s profesionais están de acordo en algo:
1º debemos explicarlles a situación que vivimos, obviamente sempre dun xeito adecuado á idade e á madurez de cada menor.

2º haberá que explicar o carácter excepcional das medidas e que, cando saian á rúa, non poderán ir ao parque como acostumaban, pero o que van facer é pasear polas rúas , polo campo se o teñen cerca, polas praias ... cun acompañante (papá , mamá, irmán maior) , andar por  fóra para que nuns meses poidan volver á escola, aos parques ou xogar c@s amig@s, afirma Pepe Serrano, pediatra e membro do Consello de Administración da SCP.
3º O truco é dicirlles sempre a verdade: non se deben enganar, pero non se debe “disfrazar” esaxerando ou minimizando o que estamos á vivir.

 

Para facilitar un pouco esta saída e preparar á cativada adxuntamos unha actividade que pais e nais podedes facer na casa con eles. Para poder vela clica aquí. De seguro que resultará útil e divertida e ... o luns falamos a ver como foi a experiencia.

 

A disfrutalo!!!

 

 

DÍA DO LIBRO - Os alumnos e alumnas de 6º anímannos á lectura.

Os alumnos de 6º de Primaria festexan o Día Do Libro desde as casiñas... e a través duns vídeos moi moi chulos, dinnos que non deixemos de ler xa que é unha ventá ao mundo que debemos deixar sempre aberta...

Esperamos que vos gusten moito!!!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 

 

E ademáis proponnos varias recomendacións de lectura para estes días na casiña!!!!

 

Nova da Biblioteca

Ola ola caracola...

Con todo este lío da cuarentena e o confinamemto a nosa biblioteca andaba un pouco perdida pero xa con esto da desescalada, a primavera, o mes de abril, o día do libro,  das letras....pois nada que retorna e, non sei si víchedes pero estes días van aparecendo cousiñas que nos invitan a  : viaxar, aprender, disfrutar, soñar... asi que xa sabedes a entrar na páxina da biblioteca perderse polos seus recunchos e xa iredes vendo todo o que vai aparecendo.

Recordade na columna da esquerda tedes unha entrada directa á Biblioteca : "LEO MOITO".

E, para abrir boca este precioso corto dos "Fantasticos libros voladores "

 

 

Distribuir contido