Este ano haberá moita arte...

Luns 18 de maio¨Día internacional de los Museos¨

Ola ola caracola...

Co tema “Museos pola igualdade, diversidade e inclusión”, o Día Internacional de los Museos 2020 #DIM2020 ten como objectivo convertirse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuizos sobre o que os museos amosan e as historias que contan.

 

A pesar da actual situación, o #DIM2020  celebrarase mediante a organización de actividades dixitais e en línea, asi que hoxe,  na aula virtual do cole e despois de facer as actividades que tocan para o luns que son Música, Lengua Castellana e Matemáticas invitámosvos a visitar un dos museos mais famosos e mais valorados do mundo , o Museo del Prado que, de seguro vai resultar unha experiencia fantástica. Xa nos contaredes...

 

 

 

 

Lembranzas!!!

 

17 de MAIO DO 2020 " DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Ola ola caracola !

Ahí vai o video do 17 DE Maio Día das Letras Galegas do 2019 que tan ben o celebramos no noso cole e hoxe asi estamos quen no lo diría pero, ahí vamos e vamos ben que de aquí sairemos mais unidos e mais fortes.

Que gusto da vervos ahí! Cantas cariñas queridas , algúns xa están no instituto pero seguro seguro que se lembrarán deste día. Pois a pasar un domingo feliz con sentidiño e mañán vémonos que haberá sorpresas...o equipo de "BOAS  PRÁCTICAS" estase movendo... uy uy que tramarán...

 

Remata a semán !!!

     Ola ola caracola...

Siii remata a semán, a das letras galegas o domingo é o día grande 17 de maio, como este curso non estaremos xuntos buscaremos fotos do pasado para colgalas e recordalas.

Hoxe temos educación física, ciencias e relixión/valores e logo, cando rematedes anímovos a entrar neste libro dos Bolechas sobre actividades das Letras que de seguro vos gosta, (clic aquí)

Temos tamén unha actividade da Real Academia da Lingua Galega "Fedella Carvalho" (clic aquí) ,que non ten mala pinta. Bueno, xa vedes,  podemos ter unha finde ben entretida e ... non esquezades enviade os vosos traballos e , mañán aquí lembraremos o que fixemos o curso pasado xuntiñ@s.

Agora a seguir con "sentidiño" moitos bicos virtuais para todas e todos.

 

 

 

 

 

A camiño longo, pasos pequenos

 

Ola ola caracola!

Así despaciño e con boa letra ou con pasos pequenos porque o camiño é longo, temos que ir levando esta situación que nos tocou vivir . Hoxe xa é xoves 14 de Maio e  estamos rematando a semán. Neste cole virtual que agora temos, traballaremos inglés, galego e natu ou soci . A ver que ben o facedes e comentade cos profes que están desexando saber que as cousas vos van saindo .

Non sei si veríades varias actividades chulas que andan pola web e piden a vosa colaboración, aconséllovos que naveguedes por todos os recunchos. Mirade:

Na biblioteca anímannos a enviar un video dun poema, para iso clic aquí ,

En orientación  pídennos participar nun "escape game de Oleiros" para iso clica aquí,

Na biblioteca de infantil anímannos a facer un conto encadeado, clica aquí

e,  non podemos esquecer a nosa muiñeira que estamos na semán das LETRAS GALEGAS e para iso clica aquí.

Bueno, por propostas divertidas non será eh? , tamén tendes que ir preparando refráns que hai sorpresas...

¡ Ata mañán !

Feliz Mércores...

 

 

 

Ola ola caracola!

Xa mércores, que rápido pasan os días eh?. Hoxe toca educación física, matemáticas e lengua castellana. Non esqueades comentar cos profes todo o que vades facendo e tamén o que non sabedes ou non podedes facer. É importante falar con eles para que saiban como vos van indo as cousas.

Na web de orientación aparece hoxe unha entrada para as familias sobre "A Resiliencia"(clic aquí)  que ven sendo a forza que temos para levantarnos despois dunha caída, e nestes momentos boa falta nos fai aprender moito sobre diso e sobre iso tamén vai o video que vos puxen a continuación que espero que vos goste.

Ata mañán!

 

 

Nunca choveu que non escampara e hoxe é martes...

 

 

 

 Ola ola caracola...!!!

Hoxe case que non me da tempo a saudar e decirvos que tocan tarefas de Inglés, Galego e Mate que de seguro que estades xa facendo todos e todas . Despois podedes rir un pouco co precioso video que montaron no departamento de orientación e no que participaron un montón de compañeiros e compañeiras. A que vos gusta? Está guay!!!

Pos agora está aberto o "reto" da muiñeira...para as letras galegas, xa sabedes a mandar os vosos videos!

Ata mañán!

 

 

A polo luns...!!!

 

 

Ola ola caracola...

Empezamos semán, hoxe toca Música, Lengua Castellana e Matemáticas asi que a traballar con ganas, que o curso case que está rematado.

Recordade que esta é unha semán con moita importancia no noso cole. Como todos os anos por estas datas celebramos a " Semán das Letras Galegas" e dende o Equipo de Dinamización Linguística vannos propor actividades para festexar o Día das Letras que é o 17 de Maio.

Mentras tanto entre a profe de Educación Física Lurdes,  e a coordinadora do EDL Loli, artellaron unha idea á que todos e todas as profes nos apuntamos pero XA!!!  :

"Bailar unha Muiñeira!!!". Que Festeir@s!!!    

Bueno pois nós xa o fixemos, anímaste ti???.

O mércores e xoves como toca Educación Física diranvos o que tedes que facer para participar. Asi que dende agora xa podedes empezar a practicar!

 

PRAZOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NOVO

 Queridas familias:

ENTRE O 1 E O 20 DE MARZO COMEZA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN. SEGUNDO A LEXISLACIÓN PUBLICADA INFORMÁMOSVOS QUE PODEDES PEDIR CITA PREVIA PARA REALIZAR O PROCESO DE SOLICITUDE DE PRAZA NO TELÉFONO 981617130.

NO PORTAL DA XUNTA PODEDES ATOPAR ESTA INFORMACIÓN:

  • Admisión: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar

    No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa non lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte. A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado

  • Documentación:
  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
  • Copia do libro de familia.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo.
BAREMO:

Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:

  • Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 8 puntos polo primeira/o e 2 puntos por cada unha/un dos restantes
  • Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos
  • Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores: ata 6 puntos
  • Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM): ata 3 puntos
  • Condición de familia numerosa: ata 3 puntos
  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns: ata 4 puntos
  • Expediente académico do alumnado, só no caso de ensinanzas de bacharelato: ata 2 puntos
  • Criterio establecido por cada centro educativo, que deberá ser publicado coa suficiente antelación ao inicio do proceso de admisión: 1 punto
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES:
  • Provisional: Cada centro publicará as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso, por orde da puntuación total obtida, antes do 25 de abril de cada ano. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación
  • Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, os centros publicarán as listaxes definitivas antes do 15 de maio

    As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado

MATRÍCULA:

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos:

  • Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: prazo ordinario do 25 de xuño ao 10 de xullo; prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.

E, despois do xoves ... xa Venres !!!

Postales con saludos de Feliz Jueves - IMAGENES GRATIS  Ola ola caracola...

 

Siii xa non queda nada para o venres. Hoxe xoves  faremos actividades de inglés, galego e ciencias : natu ou soci, ¿que preferides? .  O venres toca educación física, ciencias e relixión/valores . Si vos parece para o finde estaría ben seguir co mundo máxico do que, de seguro , vos quedan moitas cousas por ver.

Vai ser unha "finde de maxia" ... Hai que viaxar a través do  enlace de abaixo e ao final da presentación clicar de novo  en ... Google Earth

Como vos dixemos onte, esta é unha experiencia para todos e todas aos que lles guste o mago mais mago de todos os magos : Harry Potter!!! .

Xa nos contaredes como vos foi esa viaxe polo seu mundo máxico.

https://www.littlevigo.com/viaje-al-mundo-magico-de-harry-potter-con-google-earth/

 

 

Mércores con "M" de Metade da semán

Ola ola caracola...

 

Siiii hoxe é mercores con M de metade e estamos xa na metade da semán. No horario de hoxe das aulas virtuais tedes para facer actividades de Educacion Física, Lengua Castellana e Matemáticas. @s profes están desexando recibir os vosos traballos así que veña a traballar con moita ilusión e moito ánimo.

 

 

Ánimo e moito interese é tamén o que amosa Marcos o noso compañeiro de 5º que, axudado pola súa avoa está a facer mascarillas que tan necesarias resultan nestes días. 

Mirade canto esforzo e tenrura amosan elaborando as súas propias máscaras, un "reto" do que de seguro sairán victoriosos.

Grazas Marcos por compartilo e grazas tamén "avoas", sodes un dos "tesouros" máis prezados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido