Este ano haberá moita arte...

Atención Familias!!!

 

Boas !!! Debido a que por parte de algunhas familias estamos detectando que hai dificultades para descargar / darse de alta na aplicación de ABALAR móvil aconsellamos que para aqueles que teñan ese problema contacten ca Unidade de Atención a Centros da Consellería de Educación onde serán atendidos.

Teléfono da UAC : 881997701.

Recordade que para que a aplicación funcione deberan estar actualizados os datos do teléfono familiar na aplicación XADE da Consellería.

Calquera cousa non deixedes de contactar con nós. Falamos...

ED

Fica na casa

Ola ola caracola... Xa é luns e xa estamos de volta. Dixemos que habería sorpresa e, ahí vai ...

¿Que vos parece? E vós, que facedes? Contádenos algo dos vosos días, escribídeo ou debuxádeo e podedes envialo por correo electrócnico a ceip.luis.seoane@edu.xunta.es

Encantaríanos recibir noticias vosas.

Ata logo...

 

ABALAR MÓBIL

 

BO DÍA FAMILIAS,

DURANTE ESTES DÍAS QUEREMOS ABRIR VÍAS DE COMUNICACIÓN ENTRE NÓS E UNHA DELAS É ABALAR MÓBIL.

PODEDES INSTALAR ESTA APLICACIÓN NOS VÓSOS MÓBILES E DESTA MANEIRA, PODEDES ACCEDER A UNHA MESAXERÍA DIRECTA COA TITORA E TITOR DO VOSO CURSO E ADEMÁIS CONSULTAR O BOLETÍN DE NOTAS DESTE TRIMESTRE.

** EN 5º DE PRIMARIA USARASE ABALAR MÓBIL EXCLUSIVAMENTE PARA A CONSULTA DO BOLETÍN DE NOTAS XA QUE A MENSAXERÍA SEGUIRÁ SENDO A TRAVÉS DE EDIXGAL**

A INSTALACIÓN É MOI SINXELA, SIMPLEMENTE TEDES QUE BUSCAR "ABALAR MÓBIL" EN GOOGLE PLAY (SE O TEU MÓBIL É ANDROID) OU APP STORE SE É IOS, E INSTALAR A APLICACIÓN. TES QUE REXISTRARTE CÓ TELÉFONO QUE TEDES DE CONTACTO NO COLEXIO E SE NON PODEDES ACCEDER PORQUE NON O RECOÑECE, POR FAVOR, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CO VOSO TITOR OU TITORA PARA MODIFICAR ESE NÚMERO E QUE PODADES ACCEDER.

 

TAMÉN O PODEDES FACER A TRAVÉS DESTES CÓDIGOS QR:

 

TEDES AQUÍ O ENLACE Á PÁXINA DA XUNTA ONDE PODEDES ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN.

ÁNIMO A TOD@S!!!

 

Chegou a finde e nós... FICAMOS NA CASA!!!

 

 

OLA OLA CARACOLA...

estamos de finde pero... é unha finde rara...

fai un día precioso pero... temos que miralo dende a ventá ou dende a horta ou alguén dende o seu xardín ou a sua terraza...

o venres de vacacións pero... serán unhas vacacións raras...

ufff non queremos pero.... hai que buscar cousas para pasalo ben e hoxe podemos escoitar e ler moitísimos libros e historias gratis, no móvil, na tablet e /ou no ordenador mirade o que puxemos mais abaixo...

e xa ... tod@s MOIII concentrados temos que desexar...

¡¡¡ISTO VAI PASAR E TODO VAI SAIR BEN...!!!

O LUNS VÉMONOS POR AQUÍ          Siiiiiiii hai SORPRESA!!!  ...    IDES VERNOS , A TOD@S !!!

BICOS MIL.

Saudo do Departamento de Orientación "Fico na casa"

Bo día!!! Xa levamos 10 días sen cole e de seguro que xa todos temos moitas ganas de vernos, de contarnos cousas, de rir, de cantar, de xogar e incluso de traballar e estudar xuntos. De momento iso non vai poder ser asi que @s profes de orientación quixemos falar un anaquiño con vós e ahi vai este video…

Esperamos que vos guste e ademais... TEN DEBERES -- VEXAMOS :

Hai que escribir

  • Que vos parece o video
  • Que nos queredes dicir
  • Que estades facendo... e todo o que vos apeteza contarnos. Tamén podedes facer un debuxo se non vos apetece escribilo todo, vainos facer moitísima ilusión.
  • Asi que xa sabedes entrades en CONTACTO e enviades un correo electrónico a: orientaseoane@gmail.com prometemos contestar a tod@s.               

    BICOS MIL

 

 

Todo vai sair ben

Hoxe queremos compartir o debuxo dunha compañeira orientadora (Lourdes Otero) e tamén un sentir: “todo isto vai pasar rápido e vai sair ben”.

Son días de intensa convivencia e aos máis pequenos seguramente non lles vai resultar doado entender tantos días de confinamento.

 

Para axudar un pouquiño con esta situación recomendamos este conto "Rosa Contra el Virus" do "Colegio Oficial de la Psicología de Madrid": clic aquí (abrese un enlace nunha nova pestaña)

Nova ligazón as bibliotecas públicas de Oleiros

Ola a todxs, dende hoxe está colgada nesta páxina o enlace ao blogue das bibliotecas públicas municipais de Oleiros. Poderedes atopalo sempre na barra azul da dereita desta páxina web, dentro da sección que ten de título ligazóns.

Sabedes que sempre, pero especialmente nestes días, están colgando contacontos e actividades para o fomento da lectura que poden resultar moi útiles.

 

 

DO

De interese para todxs

 

Dende o Departamento de Orientación compartimos esta guia (clic aquí para vela) que pensamos pode ser moi útill para todxs nestes difíciles momentos que nos tocou vivir.

Invitámosvos tamén a que naveguedes pola web de orientación para que vos familiaricedes cos seus espazos e contidos.

Ánimo que ista partida ímola gañar.

DO

 

RECURSOS EDUCATIVOS PARA AS FAMILIAS

OLA FAMILIAS!!!!

QUEREMOS PRESENTARVOS DE DÚAS PÁXINAS COMPLEMENTARIAS AO TRABALLO QUE CADA MESTRE NESTE CENTRO ESTÁ LEVANDO A CABO.

SON RECURSOS E APOIOS EDUCATIVOS QUE PODEN AXUDAR AOS VOSOS NENOS NO TRABALLO DIARIO E PARÉCENNOS MOI INTERESANTES TELAS EN CONTA...

- EN PRIMEIRO LUGAR ESTÁ CLAN TV CUNHA INICIATIVA QUE SE CHAMA "APRENDEMOS DESDE CASA". A TRAVÉS DE LA WEB, CANAL CLAN Y DE LA 2 TELEVISIÓN OS NENOS E NENAS DE ENTRE 6 A 16 ANOS ACCEDERÁN AOS DIFERENTES CONTIDOS EDUCATIVOS QUE PODEN REFORZAR OS QUE XA ESTAMOS TRABALLANDO EN CADA NIVEL. OS HORARIOS SON:

* PARA NENOS E NENAS DE 6 A 8 ANOS SERÍA O PROGRAMA DE 9:00 H A 10:00 H.

* PARA NENOS E NENAS DE 8 A 10 ANOS SERÍA O PROGRAMA DE 10:00 H  A 11:00 H.

* PARA NENOS E NENAS DE 10 A 12 ANOS SERÍA O PROGRAMA DE 11:00 H  A 12:00 H.

PARA NENOS E NENAS DE 12 A 16 ANOS A PROGRAMACIÓN SERÍA DE 12 A 14 H.

AQUÍ TEDES O ENLACE PARA ACCEDER DIRECTAMENTE.

ADEMÁIS TEDES DENDE A SEMANA PASADA O PROXECTO EDUCLAN CON MOITOS RECURSOS AUDIOVISUAIS QUE PODEN AXUDAR MOITO NESTES DÍAS.

 

POR OUTRA BANDA, TEMOS UNHA INICIATIVA GALEGA- AULAS GALE ONDE, PODEDES ATOPAR MOITOS RECURSOS E INICIATIVAS CLASIFICADAS POR NIVEIS. TEDES AQUÍ O ENLACE.

 

MOITOS ÁNIMOS E A APRENDER MOITO NA CASA!!!!

DEPARTAMENTO DE ORIENTACION - NOVA WEB

Bo dia a todos e todas...

Un día mais e aqui seguimos. Moito ánimo, que desta salimos con mais forza e mais unidos si cabe.

Como vedes , estamos a intentar millorar as formas de permanecer en contacto e dende hoxe temos aquí a web  do Departamento de Orientación (click aquí para acceder). Podedes atopala e acceder a ela a través do menu principal desta páxina, na parte superior que ten coma titulo "Webs/Blogs do centro". Animádevos a visitala e a facer todas as suxestións e comentarios que consideredes. Calquera cousa xa sabedes...

Apertas e sorte para todxos... Vémonos

DO

Distribuir contido