Este ano haberá moita arte...

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E CHEQUES PARA MATERIAL

Ola familias!!!

 

Xa podedes consultar a listaxe provisional do fondo solidario de libros da xunta para 3º e 4º de EP. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016 do 18 de xaneiro de transparencia e de bo goberno, e co artigo 15.2c da Lei 9/20117 do 13 de xuño de subvencións de Galicia, esta listaxe provisional e a definitiva publicarase única e exclusivamente no tabolerio de anuncios do edifico escolar.

Nesta listaxe provisonal solo se pode ver o número de libros que vos correponde (non a materia). Tedes dous días para reclamar a partir da súa publicación.

En 5º e 6º de EP non hai fondo solidario porque taballaremos con EDIXGAL (libros electrónicos), pero recordade que hai cheque para material.

Os cheques para material (e para libros no caso de 1º e 2º de EP) xa están preparados. Dada a situación que estamos a vivir e para evitar "aglomeracións" podedes pasar a recollelos nos seguintes días:

 

-MÉRCORES, 8 DE XULLO DE 10:00 a 13:00:

1º e 2º de EP

 

-XOVES, 9 DE XULLO DE 10:00 a 13:00h:

5º e 6º de EP

 

-VENRES, 10 DE XULLO DE 10:00 A 13:00h:

3º e 4º de EP

 

Recordade a importancia de tomar as medidas sanitarias recomendadas, polo que, se cando cheguedes ao colexio hai cola terede que esperar mantendo a distancia de seguridade ata que se vos mande pasar. Por suposto, uso obrigatorio de mascarillas

POLO BEN DE TODOS E TODAS!!

 

 

 

 

Cómo o fixemos?

 

Ola ola caracola !

Xa estamos de vacacións e agora que baixou a presión, que temos tempo por diante ata a volta gustaríanos que nos adicárades un anaquiño a valorar a situación que vivimos, cómo a enfrentamos, que debemos ter en conta para a próxima si é que se repite.

Presentamos un cuestionario para familias, profes, personal non docente da comunidade educativa do Luis Seoane... e pedímos que o cubrades; a intención é reflexionar sobre o feito e enfrentar con ilusión e ganas o novo curso, preparad@s para o que veña .

Moitísimas grazas pola colaboración e moita sorte para tod@s.

Equipo Directivo

Fai clic : Cómo o fixemos!!!

Axúdanos a millorar no Departamento de Orientación!!!

Dende o Departamento de Orientación agradecemos a colaboración de familias e profesorado e pedímosvos que cubrades este pequeno cuestionario (clica no texto resaltado e/ou na imaxe) para coñecer a vosa opinión que, de seguro axudará a millorar o funcionamento do departamento.

Moitísimas grazas a tod@s.

NO NOSO CORAZÓN!

Dia del maestro …Ola ola caracola!

E chegou o día, o último deste curso que aló polo mes de marzo  sorprendeunos a tod@s  e fixo que tivéramos que reinventar o xeito de "facer escola". Ao final a cousa non saiu mal,  non si?  un coronavirus non ía a poder con nós.

      Chegou tamén o último día para unha promoción de nenas e nenos que levan con nós nove anos, que entraron pola porta de infantil da man da mamá, do papá, da avoa ... con sorpresa, medos, ilusións, alegrías, recelos... e que,  nestes anos, déronnos exemplo de cariño, esforzo, perseverancia, inocencia, amistade e solidaridade.

Queremos darvos as grazas por estes anos , por querernos, por sorprendernos, por soportarnos nos días difíciles, por axudarnos e polos "retos" aos que nos sometíchedes. Iso sen dúbida, ía conformando o noso día a día e axudándonos a enfrentar con ilusión e alegría o camiño que eleximos.

Agora, sen que soe a despedida porque as vosas cariñas sempre estarán no noso corazón , queremos animarvos para que non deixedes que os vosos medos tapen os vosos desexos, que os muros aos que vos enfrentedes veñan de fóra e non do voso interior ; pensade que neste mundo a fortuna favorece aos audaces e nunca saberedes do que sodes capaces ata que o intentedes.

Disfrutade este momento entusiasmándovos ca etapa que vén: novos sonos, novas metas, novos retos, novas persoas, novos lugares... A aventura continúa para todas e todos vós e no cole de Canide desexámosvos de corazón " que a forza vos acompañe"!!!  O profesorado do Luis Seoane

 

A  vós:

Porque sodes unha promoción especial, que remata unha etapa envolta nas peores condicións que ninguén puidese imaxinar, pero que demostrou con creces que aínda que o camiño esté cheo de pedras coas que tropezar, volveredes a erguervos e sairedes fortalecidos, como xa acbades de demostrar. Porque si de algo serviu esta pandemia, foi para unirnos máis como comunidade educativa.

Todos xuntos, familias, alumnado e escola, aunamos esforzos cun único propósito: continuar o voso camiño. Porque nunca poderemos esquecer os anos vividos con vós, especialmente este último… Porque sempre seredes unha promoción única e especial: a nosa primeira (e esperamos que última) “PROMOCIÓN COVID 19-20”. Con todo o noso cariño…

Adriana e Quique

Un cole con moi BOAS PRÁCTICAS !

 Ola ola caracola! Tamen hoxe despídese ata Setembro o "Equipo de Convive" (click) que é o que axuda a que no noso cole  fomentemos as Boas Prácticas,(click)  no  día a día. Como ides ver mais abaixo fixeron un video moi chulo e o profe Quique fálanos da importancia das emocións, dos sentimentos, da convivencia... 

Todos sabemos que ao profe Quique gústanlle moitísimo estas cousas e , dende sempre, animounos ca formación dos equipos de acolledores, relaxadores, mediadores... é curioso, tamén lle gustan moitísimo as matemáticas  pero iso xa é outro cantar,  ou non?.

Él, o próximo curso, estará a "outras cousas" pero, de seguro que nos visitará para ver cómo nos vai cos Equipos e como funcionan os mediadores, que tal levamos o do buzón  ...                                                                              Imos velo...

¿Quen naceu no verán?

 Ola ola caracola...!

O equipo de saudadores non podía deixar pasar o verán sen lembrar a todos e todas as que están de aniversario nesas datas asi que envíannos a sua felicitación e a sua despedida pero que ben o fan...!!!

Despedida alumnado de sexto

Ola ola caracola!

A noticia que presento no día de hoxe non resulta doada de anunciar. Os titores de sexto tiñan prevista a celebración dunha despedida para o seu alumnado con motivo da sua marcha ao instituto, as circunstancias que estamos vivindo impedían que, tal e como se facía en anos anteriores esa celebración fora compartida por todo o centro e especialmente polo alumnado de 6º de Educación Infantil que tamén o curso próximo pasan a 1º de primaria e que, como tod@s seguramente recordaredes no noso cole denominábamos "Ola e Adeus".

Nesta ocasión sería un acto sinxelo e voluntario para poder adaptalo á nova situación cos criterios que se consideraron correctos pero na RESOLUCIÓN, DO
22-05- 2020, DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN se determinan as instruccións para o que resta do presente curso e na páxina 13 no último punto figura textualmente

  • Descártanse as actividades grupais ou eventos no interior dos centros educativos

En relación con isto na mañán de onte recibimos unha chamada da inspección na que se remitía á dirección do centro a esa orde e se lle informaba de que a xefatura territorial non autorizara a celebración de ningún evento nos centros educativos e de que, de momento, por parte da Consellería de Educaciónn  tiñamos que remitirnos a estas instruccións.

Ante esta situación, queridas familias e queridos nenas e nenas non vin outra posibilidade mais que a de suspender o acto con moito pesar porque, moitos deses nenos e nenas foron alumnos meus de Educación Infantil e ocupan un lugar importante no meu corazón. Gustaríanos emplazarvos para outra data mais propicia e serán os titores , Adriana e Quique, os que xestionen esa posibilidade ou artellen a solución que consideren mais factible para tod@s.

Todo o noso cariño para esta promoción que inicia unha nova etapa, no Luis Seoane para "eles" sempre estaremos ahí e que "a vida lles vaia bonita".

 

 

INFORMACIÓNS DE INTERESE

Listaxes alumnado admitido

No taboleiro de anuncios do centro xa figuran expostas as listaxes de alumnado admitido para o próximo curso 20 - 21 . Poden consultarse presencialmente ou chamando aos teléfonos do centro 981617130 / 676727505.

 

  Devolución Libros Curso 19-20

LUNS 22: 10:00-13:00h. Devolución libros de texto 3º EP (Fondo solidario e ANPA).

MARTES 23 : 11:00-14:00h. Devolución libros de texto 4º EP (Fondo solidario e ANPA).

XOVES 25 : 11:00-14:00h. Devolución libros de texto 6º EP (Fondo solidario e ANPA).

A entrega farase pola entrada posterior, unha persoa por alumno (con máscara) chamarase ao timbre e esperarase a que abran.

 

Devolución ordenadores EDIXGAL e ABALAR cedidos polo COVID

MARTES 23 : 09:30-13:00h.

A entrega farase pola entrada dianteira, unha persoa por alumno (con máscara) chamarase ao timbre e esperarase a que abran.

 

Listaxe libros curso 2020 -2021

No taboleiro de anuncios xa figura o listado de libros de texto acordados para o curso 2020 -2021 .

Tamén se pode consultar nos adxuntos a esta entrada.

Cómo facer cos "enfados??"

Ola ola caracola !

 Na web de orientación Bob Esponja recoméndanos algúns "trucos" para manexar o enfado e a frustración, asi que podemóslle botar un vistazo despois das tarefas de inglés , galego e mate que temos para hoxe.

 Si pulsas na imaxe valo saber e xa nos contarás... Ata mañán!!!

 

 

Resolución definitiva alumnado admitido para o curso 2020-2021

No taboleiro de anuncios do centro xa figuran expostas as listaxes de alumnado admitido para o próximo curso 20 - 21. Estas, non sufriron modificacións con respecto as provisionais publicadas con anterioridade. Poden consultarse presencialmente ou chamando aos teléfonos do centro 981617130 / 676727505.

 

Distribuir contido