Atención , atención temos unha nova importante do EDLG que nos di:
Este curso, o Equipo de Dinamización Da Lingua Galega propuxemos como actividade sinalar a partir deste ano, o día 1 DE XUÑO como O DIA DE LUIS SEOANE, por ser este o día do seu nacemento, fai este ano 110 anos.
Por elo, un equipo de mestr@s do cole fixo unha AULA VIRTUAL sobre Luís Seoane onde poderedes acceder a distintas actividades, moitas delas feitas por nós, para coñecer ao artista que dá nome ao noso centro. Podedes acceder ás actividades AQUÍ.
Do mesmo xeito, aquí vos deixamos unha presentación para coñecer tanto a Seoane como a historia do noso benquerido colexio.
O Equipo de Dinamización Da Lingua Galega fixo unha web onde atoparedes as novas e as actividades que levan a cabo no noso Centro. Haberá unha ligazón permanente na WEB do cole no marxe esquerdo para que accedades cando querades, non volo perdades que é chulísimo!!!
Bo día familias! Como xa vimos anunciando a semán que ven poderedes pasar polo cole para recoller o material que quedou nas aulas no momento da interrupción das clases presenciais.
Para respectar as medidas de seguridade estableceremos unhas quendas . Recordamos que so pode vir unha persoa por alumn@ e debe traer máscara de protección.
O horario de recollida será de 9:00 a 13:00h . Debedes timbrar na porta exterior e esperar a que vos abran. Será o conserxe o que vos acompañe ao comedor que é onde están os materiais debidamente etiquetados.
Se vos ven ben poderedes aproveitar a visita para facer a solicitude de material e fondo de libros para o próximo curso se é que non a tedes xa feita. Para este trámite deberedes pedir cita.
LUNS 1 e MARTES 2 de Xuño, E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria.
MÉRCORES 3 e XOVES 4 de Xuño, 3º,4º,5º e 6º de E. Primaria.
(Para recoller o material non é necesario pedir cita)
Se tedes algunha dúbida xa sabedes, no centro atendemos presencialmente sempre con cita previa. A atención telefónica é de 10.00 a 13:00h no 981617130 e permanentemente no 676727505.
Ola ola caracola! Último día de clase dunha estupenda semán de sol e praia. Hoxe toca educación física, ciencias e relixión/valores e... temos a alguén aí...
Bo día! O Equipo de Saudadores volta , como acostumaba, para acordase dunhas datas moi especiais.
Estamos a xoves e toca inglés, ciencias e galego e despois de seguro que queredes praia. Levamos unha espléndida semana de sol que nos axuda a ver as cousas cun talante mais positivo como ten que ser nestes momentos tan difíciles. Pero mais positivo non quere dicir irreflexivo, fai sol, o bo tempo está dicindo: "á rúa" pero as medidas de seguridade non poden esquencerse, non podemos baixar a vixiancia.
Nestes momentos debemos ter unha actitude proactiva e, sobre disto vai unha entrada na web de orientación así que vos invitamos a visitala.
E para pensar, dous videos, un sobre "O problema da laranxa" (como atopar solucións nun conflito) e Lorenzo que utiliza o seu cazo como unha solución, non como un problema.
Hoxe no "cole dende a casa", faremos Inglés, Galego e Mate e, ao rematar non viría nada mal a posta en práctica desta suxestión que nos fan os amigos e amigas de Boas Prácticas que, como xa sabedes andan ás voltas para propoñer actividades e ...:
"DINOS O TEU PROPIO XEITO DE CONTROL DO ESTRÉS"
Dende o grupo de BOAS PRÁCTICAS do noso cole, en concreto do equipo de ACOLLEDORES queremos propoñer un "reto" que nos axude a coñecernos e conectar máis entre todos NÓS.
É moi probable que todos, nos meses de confinamento, tivéramos que pasar por momentos de medo, dúbidas, estrés, incertidumes... e seguro que TODOS puxemos en práctica algunha RECEITA SEGREDA para superalo...pintando, falando, bailando, plantando...
Queremos recibir, co permiso dos vosos titores, imaxes ou vídeos que nos falen de todo iso a través da nosa conta de correo boaspracticasseoane@gmail.com
Logo, claro, COMPARTILOS COA FAMILIA LUIS SEOANE.
Para animarvos vai aquí un vídeo dun alumno acolledor.
As profes de orientación non paran e hoxe vai de refráns, son algo moi noso, non hai avó ou avoa que non saiba máis de un , así que xa sabedes a quen lle tedes que preguntar e despois a grabalos e envialos e xa non digo máis porque " a bo entendedor poucas palabras bastan".
Bueno temos que lembrar que como estamos a venres tócanos educación física, ciencias e relixión/valores e logo...boa finde e ata o luns!!!
Dadas as circunstancias extraordinarias que estamos a vivir, e á espera de novas indicacións por parte das autoridades competentes, este ano non se fará en xuño a reserva de praza de actividades nin de comedor.
A partir de mediados de agosto, como novidad, e para evitar contaxios, este ano a renovación de praza de comedor farase a través da web de Jardanay.
En canto haxa noticias iremovos informando no BLOGUE e na páxina web do colexio.
Non podía ser de outro xeito, os equipos de Boas Prácticas caladiños e quietiños na casa? pois non, xa están a argallar !!! e para empezar, prepárannos este video e logo, bueno bueno a que pensan montar...
Teremos que estar ao tanto.
Hoxe toca inglés, galego e sociais ou naturais e xa sabedes que si entrades na web de orientación atoparedes actividades divertidas e retos que serven para todos e todas así que, a animarse e, a contarnos todo o que ides facendo que nos encanta recibir noticias vosas.
Cómo vai indo a semán? hoxe toca educación física, mate e lengua , a traballar con ganas que o curso segue e xa non queda nada.
Sabemos , porque asi o estades dicindo, que iso de vervos bailando a muiñeira está gustando e moito . Hoxe voltade a mirala porque onte non a virades ben e, de seguro que alguén se vos despistou, a que si???
Bueno familias pois a partir de hoxe xa podedes solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar. Clic aquí
O prazo de presentación de solicitude é ata o 19 de xuño do 2020 incluido. Dada a situación actual e como medida de seguridade recomendamos a solicitude por vía telemática. clic aquí
Se tedes algunha dúbida xa sabedes, no centro atendemos presencialmente sempre con cita previa. A atención telefónica é de 10.00 a 13:00h no 981617130 e permanentemente no 676727505.
Hoxe é un martes especial, chamámoslle Seoaniñán porque é un Día noso. Canta emoción sentimos cos vosos envíos da muiñeira, que gusto ver tantas caras queridas e coñecidas e, non so os nenos e as nenas, tamén en moitos casos pais, nais, avoas...que ledicia !. O resultado tédelo ahí abaixo a profe Ana e Lourdes fixeron a montaxe e todos e todas con Gloria, Rosa, Belén e tamén Manuel estabamos impacientes por ver o resultado e ... velaí vai!!!