Este ano haberá moita arte...

RESOLUCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS DAS AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR

Ola Familias!!!

Podedes consultar a resolución das axudas ao comedor escolar do Concello de Oleiros, publicada no día de hoxe.

TEDES O ARQUIVO AQUÍ OU NO APARTADO DE NOVAS ADMINISTRATIVAS.

Un saúdo!!!

RESOLUCIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE ANO 2020 DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!

Temos a sorte de rematar este trimestre coa concesión da subvención para promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros.

Podedes ver os detalles no adxunto da mensaxe.

MOITAS GRAZAS AO CONCELLO!!!!

MODIFICAMOS O PROTOCOLO DE SAÍDAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola familias!!!

Realizamos unha serie de modificacións no punto 3.1 do Plan de Adaptación á situación COVID (está publicado nesta mesma páxina no apartado de Documentos Covid), referido ás SAÍDAS DO ALUMNADO DE RECOLLIDA DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

As familias esperarán, gardando a distancia, na beirarrúa fronte ao colexio.

O alumnado de 1º, 2º e 3º sairá pola 1ª entrada.

EN canto os autobuses arranquen, os titores sairán á porta e avisarán as familias para que crucen e recollan aos nenos nesa entrada.

A saída seguirá sempre a seguinte orde: 1º A - 1º B - 2º A- 2º B- 3º A -3º B

Cando un alumno/A non sexa recollido na súa quenda, agardará co seu titor /a ata que se remate a entrega dos demáis cursos.

O alumnado de 4º 5º e 6º seguirá saíndo coma ata agora pola 2ª entrada.

En canto os autobuses arranquen, os titores sairán á porta e avisarán as familias para que crucen e recollan aos nenos/as nesa entrada.

A saída seguirá sempre a seguinte orde: 4º A - 4º B - 5º A- 5º B- 6º A -6º B - 6º C

Cando un alumno/A non sexa recollido na súa quenda, agardará co seu titor /a ata que se remate a entrega dos demáis cursos.

ESTA MODIFICACIÓN FARASE EFECTIVA O MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración.

 

O NOSO MAGOSTOMAÍN NAS CASAS

Este ano tan diferente, as cabazas si estiveron no noso Magostomaín grazas a vós, familias!!!

Agradecemos moitísimo a vosa colaboración xa que poidemos festexar unha das datas do ano que máis nos gustan!!! Moitos participáchedes enviando as vosas creacións en forma de videos e fotos... e aquí tedes unha presentación chulísima que esperemos que gocedes como nós!!!

Ademáis, no Blogue de Dinamización da Lingua tedes moitos máis vídeos que enviáchedes e algunha sorpresa máis!!!

Un ano máis vos superastes!!!!

 

MAGOSTOMAÍN NO COLE...

Aínda que as circunstancias non acompañan, non podiamos deixar de festexar unha das festas máis divertidas do ano... O noso Magostomaín!!!

O cole encheuse de disfraces, de sustos e, sobre todo, de moitas risas e ganas de pasalo ben.

Ademáis, recordade que tedes ata o día 6 de Novembro para enviar a engalegoceipluisseoane@gmail.com as fotos e vídeos das vosas fantásticas creacións do Magosto e do Samaín. Indicade o nome do neno ou nena e o seu curso. Tedes toda a información no Blogue de Dinamización da Lingua do Cole.

Aquí tedes unha pequena mostra da mañá tan divertida que pasamos!!!

 

ENMENDAS AS SOLICITUDES PARA O COMEDOR ESCOLAR CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!

Avísannos desde o Concello que hai varias familias que teñen que achegar e completar a documentación na solicitude das Axudas ao Comedor Escolar.

Tedes 10 días para facelo!!

Un saúdo.

COMUNICACIÓN COVID

Estimadas Familias,

Comunícolles que se confirmou un caso positivo da Covid - 19 no centro educativo.

As Autoridades Sanitarias xa adoptaron as medidas necesarias.

O resto da Comunidade Educativa pode seguir acudindo ao centro, mantendo as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Debido á Lei de Protección de Datos, esta é a información que ata o momento podemos aportar.

Un saúdo.

CALENDARIO ESCOLAR 20 -21

Ola Familias!!!

Aínda que xa co curso empezado deixámosvos o calendario escolar deste cuso 20 - 21. Pediremos como festivos os seguintes días:

- 2 de Novembro (luns).

- 18 de Maio (Martes).

 

CALENDARIO ESCOLAR 20 -21

REXEITAMOS Á DIMISIÓN OBRIGADA DA NOSA DIRECTORA

O CLAUSTRO AO COMPLETO E O EQUIPO NON DOCENTE DO CENTRO REXEITA A DIMISIÓN OBRIGADA DA NOSA DIRECTORA. 

PODEDES ACCEDER AO COMUNICADO EMITIDO ONDE EXPLICAMOS OS FEITOS AQUÍ

O RESTO DO EQUIPO DIRECTIVO ACABA DE PRESENTAR A SÚA DIMISIÓN EN APOIO Á NOSA DIRECTORA. 

AVISO FAMILIAS

Ola familias...

Hoxe, queremos avisar de que na columna da esquerda desta páxina , na parte superior, están colgados os documentos elaborados dende a dirección para a adaptación ao noso centro da normativa educativa e sanitaria referida ao contexto COVID. Estes documentos foron presentados e valorados polo Claustro e polo Consello Escolar.

Como xa sabedes a situación tan especial que estamos vivindo é cambiante día a día por iso as disposicións e normativas tanto educativas como as sanitarias poden variar o que nos obriga a adaptar estes documentos periodicamente.

Tamén no centro as medidas organizativas que nos vemos obrigad@s a por en marcha este curso poden sufrir modificacións unha vez valorado o seu funcionamento polo que rogamos a vosa comprensión, aconsellamos a lectura reflexiva dos documentos e xa sabedes calquera dúbida, demanda ou suxestión aquí estamos...

ceip.luis.seoane@edu.xunta.es

orientaseoane@gmail.com

Tlf: 981617130 // 676727505

Distribuir contido