Este ano haberá moita arte...

Tod@s á rúa... con sentidiño

 

 

Ola ola caracola...       

 
Bueno querid@s, o momento tan esperado xa chegou pero amodiño que isto e “gordo”.
 
A partir de mañán domingo @s máis pequen@s poderán saír unha hora desde as nove da mañá ás nove da noite e poderán camiñar, correr e levar os seus xoguetes, pero non ir aos parques infantís.
 
Parece que hai consensuadas unhas instruccións, recoméndase o uso de máscaras para maiores de 3 anos, lavarse as mans ao saír e ao chegar e manter a distancia social entre 1 e 2 metros.
Pero ...como explicamos estas regras do xogo aos nenos e nenas? O xeito de facelo e preparalos é moi importante, din os expertos, e así evitaremos que o tan esperado momento de diversión se convirta  nun momento de tensión e desacougo.

 

Cando se trata de concienciar aos nenos do que poden e non poden facer, @s profesionais están de acordo en algo:
1º debemos explicarlles a situación que vivimos, obviamente sempre dun xeito adecuado á idade e á madurez de cada menor.

2º haberá que explicar o carácter excepcional das medidas e que, cando saian á rúa, non poderán ir ao parque como acostumaban, pero o que van facer é pasear polas rúas , polo campo se o teñen cerca, polas praias ... cun acompañante (papá , mamá, irmán maior) , andar por  fóra para que nuns meses poidan volver á escola, aos parques ou xogar c@s amig@s, afirma Pepe Serrano, pediatra e membro do Consello de Administración da SCP.
3º O truco é dicirlles sempre a verdade: non se deben enganar, pero non se debe “disfrazar” esaxerando ou minimizando o que estamos á vivir.

 

Para facilitar un pouco esta saída e preparar á cativada adxuntamos unha actividade que pais e nais podedes facer na casa con eles. Para poder vela clica aquí. De seguro que resultará útil e divertida e ... o luns falamos a ver como foi a experiencia.

 

A disfrutalo!!!

 

 

AdxuntoTamaño
Salida de los niños.pdf2.85 MB