CPINNOVA

A comezos do mes de novembro chegábanos esta carta, na que "Ánxeles Alvariño" nos retaba a investigar sobre os faros:

 

 

Puxémonos mans á obra e comezamos a investigar na casa, na internet, na biblioteca, nas nosas aulas... e descubrimos moitas cousas interesantes.

 

Ademais, decidimos elaborar o noso propio catálogo de faros das Rías Altas, así que repartimos o traballo e cada nena/o recompilou ou información sobre un faro e fixo un traballo/mural sobre el. 

 

 

Tamén construímos maquetas de faros con diferentes materiais (legos e outras pezas de construción, cartón e outros materiais de refugallo...).

 

 

 

Todos os produtos creados foron expostos no centro xunto cun mapa de Galicia onde cada un de nós colocou unha foto do seu faro.

 

 

Finalmente, presentamos os nosos traballos aos compañeiros/as de 4º da ESO do IES de Ortigueira, aproveitando a súa visita ao noso centro.

 

 

 

 

 

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

 

 

Onte, un grupo de alumnas e alumnos de 4° da ESO do IES de Ortigueira visitáronnos para levar a cabo unha actividade de contacontos coa que as nenas e nenos do noso cole desfrutaron moito.
Nós aproveitamos para presentarlles unha parte do noso proxecto sobre o mar, concretamente o tema que estamos a traballar esta temporada, os faros.
Aprender a falar en público é moi importante para os pequenos/as xa que, non só mellora as habilidades de comunicación, senón que tamén axuda a aumentar a confianza en si mesmos/as.
As actividades con outros centros encántalles e ademais fomentan valores como a comprensión, a aceptación, a tolerancia, o respecto... todo aquilo que favorece as relacións humanas.
 
 

'Aprende coas Mulleres Galegas' é unha serie de unidades didácticas promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade que na súa quinta entrega ten como protagonista á oceanógrafa ferrolana Ángeles Alvariño

Nesta unidade ofrécese unha breve biografía na que descubriremos a unha científica de proxección internacional cun legado como o descubrimento de 22 novas especies de zooplancto.

A documento pódese descargar e imprimir, e conta con actividades nas que debemos reflexionar, investigar, colorear, debuxar, realizar prácticas de axilidade mental ou actualizar os nosos coñecementos xeográficos.

As ilustracións corresponden a Tania Solla e os textos son autoría de Polo Correo do Vento.

 

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

 

Era a fin do verán, nese fugaz momento no que o día se despide e a noite comeza a envolver a paisaxe costeira. Nunha praia de Mañón, as mareas traían dende moi lonxe unha botella de cristal cunha carta no seu interior. O vidro brillaba sutilmente baixo as últimas raiolas de sol que atravesaban as nubes e ao seu carón, unha estrela de mar descansaba estendendo os brazos sobre a area, exhibindo as súas cores vivas e relucentes. 

Sobre as rochas, alzábase o faro, maxestoso e robusto. A súa luz xiratoria irradiaba un resplandor suave e reconfortante, guiando aos navegantes na escuridade.

No horizonte, máis aló da Coelleira, divisábase a silueta dun barco solitario, navegando hacia a inmensidade.

Que segredos gardaba aquela mensaxe selada no cristal?

 

 

A carta estaba asinada por unha tal "Ánxeles Alvariño", unha científica dos mares que se atopaba nalgún lugar do océano Atlántico e precisaba da nosa axuda...

 

Así comezaba esta aventura, un proxecto sobre o mar co que, a través dos retos de investigación que nos propón nas súas cartas a nosa oceanógrafa favorita, estamos a descubrir e aprender moitas cousas interesantes sobre o mar. 

   

 

INTERMAREAL DE LADRIDO

 

O BUQUE ÁNGELES ALVARIÑO 

 

RÍO SOR

 

RÍA DO BARQUEIRO

 

RÍA DE FERROL, MUSEO NAVAL,

ARSENAL E CASTELO DE 

SAN FELIPE

 

SURF NA PRAIA DE ESTEIRO

 

 

INFOGRAFÍAS E MURAIS

 

FAROS 

 

BARCOS

 

FLEXICUBOS

 

REDES

 

XOGOS

 

PIRÁMIDES HOLOGRÁFICAS

 

IMPRESIÓNS 3D

 

ARTESANÍAS DIVERSAS

 

DICIONARIO PLURILINGÜE DO MAR

 

DISFRACES MARIÑOS

 

PODCASTS

 

QUEN É ÁNGELES ALVARIÑO

 

QUEN É ISABEL BARRETO

 

SERES VIVOS DAS NOSAS RÍAS

 

ARQUITECTURA E XEOGRAFÍA DO ORTEGAL

 

FITOPLANCTO E MAR DE ARDORA

 

OS FAROS

 

A ANTÁRTIDA

 

OS OFICIOS DO MAR

 

AS ENERXÍAS

 

 MITOLOXÍA E LENDAS MARIÑAS

 

 

 

 

  

Distribuir contido